Os candidatos e candidatas a Mellor Condutor/a de Autocares de España 2023 comezan a realizar as probas na feira ExpoBus Iberia

  • AS AVALIACIÓNS ESTANSE A LEVAR A CABO DENDE PRIMEIRA HORA DESTA MAÑÁ E ESTENDERANSE ATA O SÁBADO, CANDO SE ENTERGARÁN OS GALARDÓNS
  • PARTICIPA PRETO DE MEDIO CENTENAR DE PROFESIONAIS DE GALICIA, ASTURIAS, ESTREMADURA, MADRID, CATALUÑA, COMUNIDADE VALENCIANA, ANDALUCÍA, BALEARES E CANARIAS

Silleda, 16 de novembro de 2023.- Os candidatos e candidatas ao Premio ao Mellor Condutor/a de Autocares de España 2023 xa están a realizar as probas deste concurso na feira ExpoBus Iberia 2023, a cal se celebra dende hoxe ata os sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

No concurso, patrocinado pola compañía MAN Truck&Bus, compiten preto de medio centenar de condutores e condutoras procedente de distintos puntos de Galicia, Asturias, Estremadura, Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Baleares e Canarias. Os candidatos deben realizar un exame de coñecementos tipo test e diversas probas de habilidade nun circuíto deseñado especialmente para iso e situado nas instalacións do recinto.

Na parte práctica, avalíanse aspectos como a suavidade na condución, a anticipación, a habilidade ou os hábitos, os cales se determinan a través de probas como slalom por diante e por detrás, diana de precisión, cambio de carril, cálculo de paso estreito e de altura e tamén aparcamento lateral. Ademais, para determinar a suavidade á hora de conducir, instalarase un prato fixo encima do cadro de mandos cunha pelota de tenis, que se resta puntos se cae ao chan. Outros ítems a valorar son as mans ao volante e a suavidade en freadas e aceleracións.

Dende primeira hora desta mañá os participantes están a ser examinados polos técnicos e formadores da empresa TECE, que seguirán avaliando candidatos ata o sábado pola mañá.

Entrega de premios

Os premios entregaranse nunha cerimonia oficial en ExpoBus Iberia o vindeiro sábado, ás 14.00 horas, cuxo cóctel estará patrocinado pola compañía Irizar, o Sindicato Libre de Transporte (SLT), Lextransport e a Universidade de Valladolid.

O gañador ou gañadora será o condutor con mellor puntuación na suma de todas as probas realizadas, se ben tamén haberá un segundo e terceiro posto.