A nova mobilidade urbana e a situación dos condutores de autocar en España, a exame no último día de ExpoBus Iberia 2023

  • CATRO EXPERTOS APORTARÁN OS SEUS PUNTOS DE VISTA SOBRE ESTE TEMAS EN DÚAS INTERESANTES TERTULIAS
  • A III FEIRA DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA CELEBRARASE DO 16 AO 18 DE NOVEMBRO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

Silleda, 14 de novembro de 2023.- A III Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2023, que se celebrará do 16 ao 18 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, acollerá dous interesantes faladoiros en liña co Día da Mobilidade e os Condutores que o certame celebra na súa última xornada.

A primeira delas levarase a cabo baixo o título “A mobilidade urbana como un negocio” e centrarase nos grandes operadores españois antes a nova mobilidade urbana, os cales se posicionan como operadores globais, operando nas cidades sistemas de bicis, patinetes, loxística ou mesmo sharing (mobilidade compartida).

Un debate que sorprenderá polo entremado que están a xerar os operadores máis atrevidos do país, cuxos relatores participarán de forma presencial e telemática, e que estará moderado por Mayte Rodríguez, directora da publicación Carril Bus.

Así, estarán presentes na feira Jesús Herrero, secretario xeral da Asociación de Transportes Públicos Urbanos e Metropolitanos (ATUC); Ignacio Prada, xerente de TRANVÍAS A Coruña e Jordi Carbonell, CEO de NEMI. Ademais, participarán de forma telemática responsables de grupos como ALSA, MOVENTIS e RUIZ.

O condutor de autocar

A segunda conferencia deste último día de ExpoBus Iberia 2023 centrarase na situación da profesión de condutor de autocar en España.

Os distintos convenios aplicados nas provincias españolas e as diferenzas salariais, a responsabilidade civil e penal que supón exercer de condutor e as singularidades da profesión serán sometidas a debate xunto co futuro e os motivos que hai detrás tanto da carencia de condutores en España como da falta de interese que a profesión xera entre os xóvenes.

José María Cazallas, secretario de organización do Sindicato Libre de Transporte (SLT) será o encargado de abordar estes temas nun día no que os condutores tamén serán os protagonistas na feira co Premio ao Mellor Condutor/a de Autocares de España.