- A ASOCIACIÓN NACIONAL DE FABRICANTES DE CARROCERÍAS DE AUTOBUSES ESTARÁ PRESENTE NA ÁREA EXPOSITIVA DO CERTAME E OS SEUS ASOCIADOS BENEFICIARANSE DE CONDICIÓNS VANTAXOSAS
- ESTA FEIRA DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR CARRETERA ESTÁ ORGANIZADA POLA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA
Silleda, 10 de xullo de 2023.- A Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, segue avanzando na organización da súa terceira edición, a cal se celebrará do 16 ao 18 de novembro deste ano.
Neste sentido, a Feira Internacional de Galicia ABANCA, organizadora do certame, e a Asociación Nacional de Fabricantes de Carrocerías de Autobuses (ASCABUS), acaban de renovar o seu acordo de colaboración para esta nova convocatoria do certame.
En virtude deste convenio, ASCABUS, membro do Comité Organizador do Certame, levará a cabo unha intermediación activa entre os seus asociados para a súa posible participación como expositores na feira, ademais de promocionar Expobus Iberia 2023 en diversos soportes e canles de comunicación, incluído un acceso directo na súa web que permita a obtención de información do certame tanto a posibles expositores como visitantes profesionais.
Así mesmo, ASCABUS colaborará na planificación e posta en marcha do programa oficial de actividades da feira, apoiando á Fundación, o Comité Organizador e demais colaboradores.
Presenza en ExpoBus 2023
Pola súa banda, a Feira Internacional de Galicia ABANCA facilitará un espazo expositivo a ASCABUS durante ExpoBus Iberia 2023 e cederalle calquera sala ou espazo habilitado durante o evento, en función da súa dispoñibilidade, para a realización de actividades de interese para o sector, os seus profesionais e visitantes.
Ademais, a entidade feiral ofrecerá condicións vantaxosas a aquelas empresas asociadas a ASCABUS que formalicen a súa participación na feira.