Medio centenar de condutores e condutoras de autocar competirán en ExpoBus Iberia para converterse no mellor de España en 2023

  • PARTICIPARÁN PROFESIONAIS PROCEDENTES DE NOVE COMUNIDADES AUTÓNOMAS
  • AS PROBAS REALIZARANSE DURANTE OS TRES DÍAS DESTA FEIRA DO TRANSPORTE DE VIAXEROS POR ESTRADA, QUE SE CELEBRARÁ DO 16 AO 18 DE NOVEMBRO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA (SILLEDA, PONTEVEDRA)
  • OS GALARDÓNS DESTA COMPETICIÓN ENTREGARANSE NA ÚLTIMA XORNADA DO CERTAME

Silleda, 12 de novembro de 2023.- O Premio ao Mellor Condutor-Condutora de Autocares de España xa ultima a súa edición de 2023, a cal se celebrará do 16 ao 18 de novembro, coincidindo coa III Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia.

No concurso, patrocinado pola compañía MAN Truck&Bus, competirán preto de medio centenar de condutores e condutoras procedente de distintos puntos de Galicia, Asturias, Estremadura, Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana, Andalucía, Baleares e Canarias. Os candidatos deberán realizar un exame de coñecementos tipo test e diversas probas de habilidade nun circuíto deseñado especialmente para iso e situado nas instalacións do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, onde se celebra ExpoBus Iberia.

Na parte práctica, avaliaranse aspectos como a suavidade na condución, a anticipación, a habilidade ou os hábitos, os cales se determinarán a través de probas como slalom por diante e por detrás, diana de precisión, cambio de carril, cálculo de paso estreito e de altura e tamén aparcamento lateral. Ademais, para determinar a suavidade á hora de conducir, instalarase un prato fixo encima do cadro de mandos cunha pelota de tenis, que se cae ao chan restará puntos. Outros ítems a valorar serán as mans ao volante e a suavidade en freadas e aceleracións.

Os vehículos nos que se realizarán as probas serán dous autocares de doce metros de lonxitude modelo Lion´s Coach de MAN, equipados coas últimas tecnoloxías. Os técnicos e formadores da empresa TECE encargaranse do deseño do circuíto, realización das probas e valoración de candidatos.

Entrega de premios

Os premios entregaranse nunha cerimonia oficial en ExpoBus Iberia o sábado 18 de novembro, ás 14.00 horas, cuxo cóctel estará patrocinado pola compañía Irizar, o Sindicato Libre de Transporte (SLT), Lextransport e a Universidade de Valladolid.

O gañador ou gañadora será o condutor con mellor puntuación na suma de todas as probas realizadas, aínda que tamén haberá un segundo e terceiro posto.