- A ASOCIACIÓN NACIONAL DE EMPRESARIOS DE TRANSPORTES EN AUTOCARES E O CERTAME, QUE SE CELEBRARÁ DO 20 AO 22 DE NOVEMBRO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA (SILLEDA, PONTEVEDRA), FIRMARON UN CONVENIO CON ESTE FIN
- A ENTIDADE CONTARÁ CON STAND PROPIO E ORGANIZARÁ UNHA XORNADA SOBRE OS CERTIFICADOS DE AFORRO ENERXÉTICO E A SÚA APLICACIÓN NO SECTOR
Silleda, 27 de outubro de 2025.- A Asociación Nacional de Empresarios de Transportes en Autocares (Anetra) e a Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, acordaron unirse de cara á celebración da cuarta edición do certame, o cal terá lugar do 20 ao 22 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra).
Así, asinaron un acordo de colaboración para potenciar o sector do transporte en autobús a través desta feira, a cal é xa a segunda maior deste ámbito a nivel nacional.
Anetra, que é membro do Comité Organizador do certame, estivo xa realizando accións para difundilo entre os seus asociados. O obxectivo, que estas empresas de transporte coñezan a proposta de ExpoBus, a cal ultima detalles para que todas as empresas e os seus profesionais atopen as mellores solucións para modernizar e mellorar tanto os seus vehículos como os servizos aos seus clientes.
Por outra banda, a asociación contará cun stand propio en ExpoBus Iberia. Será un espazo aberto ao diálogo, onde empresarios e visitantes de toda España poderán compartir experiencias e analizar os retos de futuro que expón a mobilidade no noso país.
Este convenio, que se suma ao subscrito con outras importantes agrupacións sectoriais, sitúa a ExpoBus como un referente para empresas e profesionais, ademais de seguir consolidando un evento cunha magnífica proposta que conxuga unha completa exposición e un interesante programa.
Durante tres días conformará un gran escaparate con presenza das principais empresas fabricantes e carroceiras do sector do autobús, ademais de numerosas compañías relacionadas coa industria auxiliar. Ademais, as súas actividades inclúen desde interesantes conferencias que abordan as problemáticas do sector ou os seus retos de futuro ata un circuíto de probas para testar o funcionamento dalgúns modelos, unha exposición de vehículos clásicos con auténticas xoias sobre rodas ou o Premio ao Mellor Condutor de Autocar, que nesta engade categorías internacionais.
Xornada técnica sobre CAEs
No marco da feira Anetra levarase a cabo unha xornada técnica de gran interese sectorial. Baixo o título “Os Certificados de Aforro Enerxético (CAEs) e a súa aplicación no transporte de viaxeiros por estrada”, abordará o valor dos CAEs como ferramenta clave para mellorar a eficiencia enerxética, reducir custos e avanzar cara a unha mobilidade sostible.
Así mesmo, a entidade, aproveitará a celebración de ExpoBus Iberia para celebrar unha cea de socios na que intercambiar impresións e xerar sinerxías. Será en Santiago de Compostela a noite previa á inauguración da feira.
Anetra, unha intensa actividade desde 1977
A Asociación Nacional de Empresarios de Transportes en Autocares (Anetra) é unha asociación empresarial representativa de pemes, especialmente operadores de transporte de servizos públicos discrecionais e regulares de viaxeiros por estrada, a cal leva desde 1977 desenvolvendo unha intensa actividade en representación do sector e en defensa da liberdade de mercado, principio recolleito no seu ideario fundacional.
Conta con representación en todas as Comunidades Autónomas, cun número próximo ás 500 empresas prestatarias de servizos de transporte por estrada en toda a xeografía nacional.
A asociación é membro do Comité Nacional do Transporte por Estrada e da EMS (Plataforma de Empresas pola Mobilidade Sostible) e o seu presidente forma parte do Consello Nacional de Transportes. A nivel internacional pertence á IRU (Organización Internacional de Transporte por Estrada).









