{"id":5150,"date":"2025-11-24T13:47:50","date_gmt":"2025-11-24T13:47:50","guid":{"rendered":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/alejandro-alvarez-mejor-conductor-de-autocares-2025-un-trabajador-vocacional-y-formado-al-que-le-gusta-la-ruta-porque-no-hay-monotonia-y-le-permite-viajar\/"},"modified":"2025-11-24T13:55:10","modified_gmt":"2025-11-24T13:55:10","slug":"alejandro-alvarez-mejor-conductor-de-autocares-2025-un-trabajador-vocacional-y-formado-al-que-le-gusta-la-ruta-porque-no-hay-monotonia-y-le-permite-viajar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/alejandro-alvarez-mejor-conductor-de-autocares-2025-un-trabajador-vocacional-y-formado-al-que-le-gusta-la-ruta-porque-no-hay-monotonia-y-le-permite-viajar\/","title":{"rendered":"Alejandro \u00c1lvarez, Mellor Condutor de Autocares 2025, un traballador vocacional e formado ao que lle gusta a ruta porque non hai monoton\u00eda e lle permite viaxar"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>ESTE PROFESIONAL DE 30 ANOS, QUE DESENVOLVE A S\u00daA ACTIVIDADE NA EMPRESA AUBESA, GA\u00d1OU NAS CATEGOR\u00cdAS DE MUNDO, EUROPA E ESPA\u00d1A<\/strong><\/li>\n<li><strong>NA COMPETICI\u00d3N, CELEBRADA NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICAI ABANCA, PARTICIPARON PRETO DE 70 CONDUTORES E CONDUTORAS DE DISTINTOS PUNTOS DE ESPA\u00d1A E PORTUGAL<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong><em>Silleda, 24 de novembro de 2025.- <\/em><\/strong>O lucense Alejandro \u00c1lvarez M\u00e9ndez, alzouse o pasado s\u00e1bado no marco da feira ExpoBus Iberia como Mellor Condutor de Autocares 2025 nas s\u00faas tres categor\u00edas, Mundo, Europa e Espa\u00f1a. Este profesional, que desenvolve a s\u00faa actividade na empresa Aubesa, enfrontouse nesta competici\u00f3n a preto de 70 condutores e condutoras procedentes de distintos puntos de Espa\u00f1a e Portugal.<\/p>\n<p>Con 30 anos de idade e natural de Becerre\u00e1, foi merecedor do triplo t\u00edtulo tras unha gran participaci\u00f3n na que sorprendeu ao xurado na inmensa maior\u00eda de probas pola s\u00faa habilidade, suavidade e precisi\u00f3n, como na de altura, na que fixo un c\u00e1lculo con soamente un cent\u00edmetro de diferenza, ou a de aparcamento, na que conseguiu o m\u00e1ximo de puntos posibles por realizado de xeito moi preciso. Todo iso coa dificultade engadida de ser un dos participantes que realizaron a proba de noite. Unha proba pola que o xurado, composto por t\u00e9cnicos e formadores da empresa TECE, cualificouno como un \u201cmagn\u00edfico condutor\u201d.<\/p>\n<p>Independentemente da s\u00faa excelente actuaci\u00f3n na inmensa maior\u00eda de probas, o que resultou m\u00e1is complicado a Alejandro foron as de altura e anchura, mentres que o que m\u00e1is lle gustou foi o slalom, porque foi \u201cmoi entretido\u201d.\u00a0 Unhas probas que tanto el como o resto de participantes realizaron nun circu\u00edto dese\u00f1ado especialmente para iso situado no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA e en veh\u00edculos da marca MAN equipados coa tecnolox\u00eda e seguridade m\u00e1is avanzada do mercado.\u00a0 Esta firma de autobuses foi o patrocinador principal da competici\u00f3n, mentres que o Sindicato Libre de Transporte (SLT) e Proformatrans foron patrocinadores destacados.<\/p>\n<p>Este condutor, que participaba este ano por primeira vez, considera a s\u00faa participaci\u00f3n \u201cunha experiencia m\u00e1is, enriquecedora, moi interesante e para contar\u201d. Non puido acudir a recoller o premio por estar traballando, pero recibiu a noticia por parte da organizaci\u00f3n do concurso con \u201csorpresa e moita ilusi\u00f3n\u201d. Foi a s\u00faa compa\u00f1eira en Aubesa, Ainhoa Valledor, quen recolleu o premio no seu nome.<\/p>\n<p><strong>Un condutor vocacional<\/strong><\/p>\n<p>Nun momento no que os condutores de autobuses escasean, Alejandro \u00c1lvarez \u00e9 un deses profesionais vocacionais ao que sempre lle gustou este sector. Cun grao superior de formaci\u00f3n profesional en Administraci\u00f3n e Finanzas e titulaci\u00f3n universitaria en Relaci\u00f3ns Laborais e Recursos Humanos, ademais do t\u00edtulo de Xestor de Transporte, este lucense compatibilizou os seus estudos coa realizaci\u00f3n de roteiros escolares en autobuses de ata 17 prazas entre os 21 e 24 anos. A esta idade, a permitida para conducir xa autobuses de m\u00e1is de 17 prazas, comezou a facer roteiros con autobuses de grandes dimensi\u00f3ns.<\/p>\n<p>Alejandro traballa en transporte discrecional, facendo roteiros por toda Espa\u00f1a de entre 5 e 8 d\u00edas, nos que a mi\u00fado se atopa en situaci\u00f3ns complicadas porque en moitos pobos non hai sinalizaci\u00f3n ou os accesos son estreitos, o que, seguro, lle valeu para obter tan boa puntuaci\u00f3n no concurso. O que m\u00e1is lle gusta do seu traballo \u00e9 que \u201cnon hai monoton\u00eda, semana a semana vas cambiando de lugar\u201d e tam\u00e9n que lle permitiu co\u00f1ecer \u201cmoita xente\u201d e \u201cmoitos, pobos, cidades e pa\u00edses\u201d, xa que tam\u00e9n realizou circu\u00edtos por Europa. Estes \u00faltimo \u00e9 un dos aspectos que m\u00e1is valora porque \u00e9 un \u201capaixonado de viaxar\u201d e mesmo os sitios que m\u00e1is lle gustan nas s\u00faas viaxes os \u201cficha\u201d para logo volver coa s\u00faa parella e poder co\u00f1ecelos con calma. As\u00ed mesmo, destaca que isto lle \u201cabre a mente a diferentes culturas e costumes\u201d, tam\u00e9n dentro de Espa\u00f1a, na que, di, \u201ctemos unha gran riqueza\u201d, con lugares moi diferentes entre si, como \u201cpequenos pa\u00edses dentro dun mesmo pa\u00eds\u201d.<\/p>\n<p>Por outra banda, para este profesional o m\u00e1is duro \u00e9 que \u00e9 un traballo de \u201cbastantes horas, con xornada moi extensas\u201d, o que explica que \u201cnon se anime moita xente a este sector\u201d e que sexa un traballo \u201cvocacional, se non, non o levar\u00edas ben\u201d.<\/p>\n<p>Contento co galard\u00f3n de Mellor Condutor de Autocares 2025 nas s\u00faas tres categor\u00edas, Alejandro, chancea que o premio ben poder\u00eda ser alg\u00fan dos autobuses expostos na feira.<\/p>\n<p><strong>&gt;&gt;&gt;\u00a0<a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/pgwnWcx3RHVugxxcA\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">+ Fotos ExpoBus Iberia<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ESTE PROFESIONAL DE 30 ANOS, QUE DESENVOLVE A S\u00daA ACTIVIDADE NA EMPRESA AUBESA, GA\u00d1OU NAS CATEGOR\u00cdAS DE MUNDO, EUROPA E ESPA\u00d1A NA COMPETICI\u00d3N, CELEBRADA NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICAI ABANCA, PARTICIPARON PRETO DE 70 CONDUTORES E CONDUTORAS DE DISTINTOS PUNTOS DE ESPA\u00d1A E PORTUGAL Silleda, 24 de novembro de 2025.- O lucense Alejandro \u00c1lvarez &#8230; <a title=\"Alejandro \u00c1lvarez, Mellor Condutor de Autocares 2025, un traballador vocacional e formado ao que lle gusta a ruta porque non hai monoton\u00eda e lle permite viaxar\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/alejandro-alvarez-mejor-conductor-de-autocares-2025-un-trabajador-vocacional-y-formado-al-que-le-gusta-la-ruta-porque-no-hay-monotonia-y-le-permite-viajar\/\" aria-label=\"M\u00e1is en Alejandro \u00c1lvarez, Mellor Condutor de Autocares 2025, un traballador vocacional e formado ao que lle gusta a ruta porque non hai monoton\u00eda e lle permite viaxar\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5147,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33],"tags":[],"class_list":["post-5150","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-expobus-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5150","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5150"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5150\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5151,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5150\/revisions\/5151"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5147"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5150"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5150"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5150"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}