{"id":5141,"date":"2025-11-22T16:21:08","date_gmt":"2025-11-22T16:21:08","guid":{"rendered":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/expobus-iberia-2025-se-reafirma-en-el-sector-del-transporte-de-viajeros-tras-recibir-en-su-mayor-edicion-a-2-620-visitantes-un-28-mas\/"},"modified":"2025-11-22T16:22:29","modified_gmt":"2025-11-22T16:22:29","slug":"expobus-iberia-2025-se-reafirma-en-el-sector-del-transporte-de-viajeros-tras-recibir-en-su-mayor-edicion-a-2-620-visitantes-un-28-mas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/expobus-iberia-2025-se-reafirma-en-el-sector-del-transporte-de-viajeros-tras-recibir-en-su-mayor-edicion-a-2-620-visitantes-un-28-mas\/","title":{"rendered":"ExpoBus Iberia 2025 reaf\u00edrmase no sector do transporte de viaxeiros tras recibir na s\u00faa maior edici\u00f3n a 2.620 visitantes, un 28% m\u00e1is"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>AS EMPRESAS EXPOSITORAS EXPRESARON DE FORMA XERALIZADA \u00c1 ORGANIZACI\u00d3N A S\u00daA SATISFACCI\u00d3N CON ESTA CITA E A S\u00daA INTENCI\u00d3N DE PARTICIPAR NA VINDEIRA, MOITOS DELES CUNHA PRESENZA M\u00c1IS DESTACADA<\/strong><\/li>\n<li><strong>OS ASISTENTES, CUN ALTO PERFIL PROFESIONAL, PROCED\u00cdAN NA S\u00daA MAIOR\u00cdA DE DISTINTOS PUNTOS DE ESPA\u00d1A E PORTUGAL, SE BEN TAM\u00c9N SE REXISTRARON ALG\u00daNS DE PA\u00cdSES COMO ITALIA, FRANCIA, IRLANDA E SU\u00cdZA<\/strong><\/li>\n<li><strong>A FEIRA CONTOU CON 69 EXPOSITORES DE ESPA\u00d1A, PORTUGAL, ITALIA, ALEMA\u00d1A, BULGARIA E POLONIA, OS CALES REPRESENTARON A 142 FIRMAS DE 23 PA\u00cdSES E OCUPARON 8.414 METROS CADRADOS NETOS<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong><em>Silleda, 22 de novembro de 2025.- <\/em><\/strong>A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, pechou hoxe as s\u00faas portas tras recibir a 2.620 visitantes, un 28% m\u00e1is que na pasada convocatoria, cando foran 2.048. Unha cifra notable tendo en conta a especificidade do sector e o car\u00e1cter altamente t\u00e9cnico do certame. Estes visitantes, que destacaron polo seu perfil profesional, proced\u00edan na s\u00faa maior\u00eda de Espa\u00f1a e Portugal, a\u00ednda que tam\u00e9n se rexistraron alg\u00fans asistentes doutros pa\u00edses como Italia, Francia, Irlanda e Su\u00edza, nalg\u00fans casos convidados polas empresas<\/p>\n<p>Desde o pasado xoves os asistentes puideron co\u00f1ecer as \u00faltimas tendencias e novidades no sector, tanto en veh\u00edculos como en equipamento, sistemas, servizos e soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas de 142 firmas expositoras de 23 pa\u00edses, as cales estaban representadas por 69 expositores directos de seis pa\u00edses que ocuparon 8.414 metros cadrados netos. Cifras que supuxeron un notable crecemento do certame e converteron esta edici\u00f3n na maior celebrada ata o momento. As\u00ed, as firmas representadas foron un 10% m\u00e1is que na cita de 2023, mentres que os expositores directos, de Espa\u00f1a, Portugal, Italia, Alema\u00f1a, Bulgaria e Polonia, aumentaron un 11,3% e ocupan un 26,7% m\u00e1is de superficie neta. Ademais, nesta edici\u00f3n o certame aumentou o seu car\u00e1cter internacional, xa que as firmas expositoras proced\u00edan de cinco pa\u00edses m\u00e1is, mentres que os expositores directos fac\u00edano dun pa\u00eds m\u00e1is.<\/p>\n<p>Entre estes expositores de ExpoBus Iberia, que se consolida como a segunda maior feira do sector a nivel nacional, estiveron a inmensa maior\u00eda de empresas nacionais de carrocer\u00edas para autobuses e os principais fabricantes e carroceiros do sector do autob\u00fas a nivel internacional, ademais de numerosas compa\u00f1\u00edas relacionadas coa industria auxiliar.<\/p>\n<p>Estas empresas mostraron maioritariamente \u00e1 organizaci\u00f3n a s\u00faa satisfacci\u00f3n con esta cita, ademais de expresar a s\u00faa intenci\u00f3n de estar de novo presentes na vindeira convocatoria. Unha participaci\u00f3n na que moitas delas queren contar cunha presenza m\u00e1is destacada tanto no que ser refire a espazo como a elementos que dean m\u00e1is notoriedade ao seu stand. Por todo isto, as perspectivas para a pr\u00f3xima edici\u00f3n de ExpoBus Iberia son excelentes.<\/p>\n<p>A feira foi inaugurada o pasado xoves polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo, quen destacou ExpoBus Iberia como punto de encontro profesional e tam\u00e9n escaparate das \u00faltimas innovaci\u00f3ns e novidades relacionadas con este sector.<\/p>\n<p><strong>Un atractivo programa<\/strong><\/p>\n<p>De forma paralela \u00e1 s\u00faa exposici\u00f3n, ExpoBus Iberia 2025 ofreceu un atractivo programa de actividades que converteu \u00e1 feira nun espazo para a an\u00e1lise e o intercambio de co\u00f1ecementos.<\/p>\n<p>En canto \u00e1s s\u00faas conferencias, comezou o primeiro d\u00eda abordando os certificados de aforro enerx\u00e9tico (CAEs) e a s\u00faa aplicaci\u00f3n no transporte de viaxeiros por estrada, nunha xornada organizada por Anetra, analiz\u00e1ndose a continuaci\u00f3n a ameaza real de competencia desleal que sup\u00f3n o dumping social no sector do autob\u00fas, nun encontro realizado por Direb\u00fas. Ademais, noutra xornada tratouse a decisi\u00f3n estrat\u00e9xica que sup\u00f3n a continuidade das empresas familiares. Xa o segundo d\u00eda, as xornadas centr\u00e1ronse no impacto da intelixencia artificial no transporte de persoas, tratando temas como os cambios que sup\u00f3n a tecnolox\u00eda na xesti\u00f3n das empresas e os retos aos que se enfrontan cos novos servizos dixitais, ademais de abordar a mobilidade personalizada e o transporte a medida das necesidades das persoas ou como ser\u00e1 o futuro do pago no transporte p\u00fablico.<\/p>\n<p>Outra proposta foi o Premio Mellor Condutor\/a de Autocares 2025, o cal contou con Man Truck &amp; Bus como patrocinador principal e co Sindicato Libre de Transporte (SLT) e Proformatrans como patrocinadores destacados. Nesta edici\u00f3n, na que a competici\u00f3n se internacionalizou e aumentou os seus galard\u00f3ns, participaron finalmente preto de setenta condutores e condutoras de distintos puntos de Espa\u00f1a e Portugal. Estes foron avaliados en distintos aspectos te\u00f3ricos e pr\u00e1cticos, como a suavidade na conduci\u00f3n, a anticipaci\u00f3n, a habilidade ou os h\u00e1bitos. O lucense Alejandro \u00c1lvarez M\u00e9ndez foi o participante que se alzou como Mellor Condutor de Autocares 2025 nas tres categor\u00edas, Mundo, Europa e Espa\u00f1a. Este profesional desenvolve a s\u00faa actividade na empresa Aubesa.<\/p>\n<p>Ademais, dentro do programa destacaron un circu\u00edto de probas no que cinco empresas puxeron ao dispor dos seus potenciais clientes a posibilidade de conducir alg\u00fan dos seus modelos por estrada e tam\u00e9n a exposici\u00f3n de veh\u00edculos cl\u00e1sicos. En canto a esta \u00faltima, ampliouse respecto \u00e1 pasada edici\u00f3n e fixo un repaso \u00e1 historia do autob\u00fas con preto dunha trintena de veh\u00edculos fabricados entre 1908 e 1991. Entre eles un dos primeiros autobuses que existiron no mercado, un modelo que \u00e9 o \u00fanico que se conserva na actualidade, veh\u00edculos adiantados ao seu tempo por prestaci\u00f3ns ou velocidade m\u00e1xima, con extras como cristais alpinos tintados ou floreiro, ou modelos que supuxeron un salto ao autob\u00fas moderno tanto en equipamento como en motorizaci\u00f3n, suspensi\u00f3n ou climatizaci\u00f3n. Aut\u00e9nticas xoias sobre rodas que pertencen a oito empresas: Empresa Cui\u00f1a e Transportes Mosquera (ambos do grupo Autocares R\u00edas Baixas), Autocares L\u00e1zara, Autocares Meijide, Empresa L\u00e1zara, Autocares de Santiago, Autobuses Juan e a Avelino Garrido, da antiga Empresa Garrido.<\/p>\n<p>O programa completouse con talleres de rotulaci\u00f3n de autobuses ou asembleas de federaci\u00f3ns galegas de empresas de transporte en autob\u00fas.<\/p>\n<p><strong>&gt;&gt;&gt;\u00a0<a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/pgwnWcx3RHVugxxcA\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">+ Fotos ExpoBus Iberia<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>AS EMPRESAS EXPOSITORAS EXPRESARON DE FORMA XERALIZADA \u00c1 ORGANIZACI\u00d3N A S\u00daA SATISFACCI\u00d3N CON ESTA CITA E A S\u00daA INTENCI\u00d3N DE PARTICIPAR NA VINDEIRA, MOITOS DELES CUNHA PRESENZA M\u00c1IS DESTACADA OS ASISTENTES, CUN ALTO PERFIL PROFESIONAL, PROCED\u00cdAN NA S\u00daA MAIOR\u00cdA DE DISTINTOS PUNTOS DE ESPA\u00d1A E PORTUGAL, SE BEN TAM\u00c9N SE REXISTRARON ALG\u00daNS DE PA\u00cdSES COMO &#8230; <a title=\"ExpoBus Iberia 2025 reaf\u00edrmase no sector do transporte de viaxeiros tras recibir na s\u00faa maior edici\u00f3n a 2.620 visitantes, un 28% m\u00e1is\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/expobus-iberia-2025-se-reafirma-en-el-sector-del-transporte-de-viajeros-tras-recibir-en-su-mayor-edicion-a-2-620-visitantes-un-28-mas\/\" aria-label=\"M\u00e1is en ExpoBus Iberia 2025 reaf\u00edrmase no sector do transporte de viaxeiros tras recibir na s\u00faa maior edici\u00f3n a 2.620 visitantes, un 28% m\u00e1is\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5128,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33],"tags":[],"class_list":["post-5141","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-expobus-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5141","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5141"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5141\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5142,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5141\/revisions\/5142"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5128"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5141"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5141"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5141"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}