{"id":5115,"date":"2025-11-21T15:28:15","date_gmt":"2025-11-21T15:28:15","guid":{"rendered":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/los-visitantes-de-expobus-iberia-viajan-al-pasado-en-una-muestra-con-cerca-de-treinta-autobuses-de-entre-1908-y-1991\/"},"modified":"2025-11-21T15:29:59","modified_gmt":"2025-11-21T15:29:59","slug":"los-visitantes-de-expobus-iberia-viajan-al-pasado-en-una-muestra-con-cerca-de-treinta-autobuses-de-entre-1908-y-1991","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/los-visitantes-de-expobus-iberia-viajan-al-pasado-en-una-muestra-con-cerca-de-treinta-autobuses-de-entre-1908-y-1991\/","title":{"rendered":"Os visitantes de ExpoBus Iberia viaxan ao pasado nunha mostra con preto  de trinta autobuses de entre 1908 e 1991"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>EXP\u00d3\u00d1ENSE PEZAS \u00daNICAS, MODELOS PIONEIROS EN CANTO A PRESTACI\u00d3NS OU CON INTERESANTES CURIOSIDADES QUE SON O REFLEXO DUNHA \u00c9POCA<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong><em>Silleda, 21 de novembro de 2025.- <\/em><\/strong>A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, a cal se celebra dende onte e ata ma\u00f1\u00e1 no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, convida estes d\u00edas aos visitantes a viaxar ao pasado a trav\u00e9s da s\u00faa exposici\u00f3n de cl\u00e1sicos con veh\u00edculos fabricados entre 1908 e 1991.<\/p>\n<p>Esta mostra, a maior da feira ata o momento, contar\u00e1 con preto de trinta autobuses. Nela poden verse veh\u00edculos espectaculares, como un dos primeiros autobuses que existiron no mercado, un Ford T de 1908 que contaba con 12 asentos a\u00ednda de madeira, ou un Hispano Su\u00edza T-69 de 1935 pero que non puido ser carrozado e matriculado ata 1941 debido \u00e1 Guerra Civil. Este \u00faltimo, que segundo os datos dos seus propietarios \u00e9 o \u00fanico deste modelo que se conserva na actualidade, diferenciaba tres clases.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n hai outros orixinais veh\u00edculos de case todas as d\u00e9cadas do s\u00e9culo pasado. Alg\u00fans son autobuses m\u00edticos polos cambios que introduciron, outros son modelos especiais e outros incl\u00faen detalles adiantados ao seu tempo.<\/p>\n<p>Entre eles exponse un Mercedes O-3500 do ano 1951 con 31 prazas que alcanzaba o 80km\/h de velocidade cando poucos o fac\u00edan, un Pegaso Comet de fabricaci\u00f3n galega do ano 1987 que era especial por ser m\u00e1is pequeno do habitual neste modelo, un Setra S9 de 1964 que xa contaba con xanelas no teito ou un Pegaso 5061\/DR tipo Comet con carrocer\u00eda li\u00f1a Arousa de 1975 con estrutura de gran resistencia, xanelas en d\u00faas partes con cortinas de Ottom\u00e1n, fechaduras especiais nas portas ou cadro de mandos con acabado especial a base de taboleiro estratificado. Tam\u00e9n se mostra un Setra S-6 de 1963, modelo que se presentou como o primeiro autob\u00fas compacto no Sal\u00f3n de Xenebra de 1955 e se converteu no preferido das compa\u00f1\u00edas ch\u00e1rter pola s\u00faa luxosa est\u00e9tica e gran superficie acristalada, un Mercedes Benz O-3500 carrocer\u00eda Vetter de 1953 que era un veh\u00edculo adiantado ao seu tempo polos seus extras e novidades, como cristais alpinos tintados de verde, butacas de moqueta ou floreiro, ou un Setra S-215HD Tornado de 1991, o cal supuxo un cambio de concepto e un salto ao autob\u00fas moderno en todos os aspectos, desde o equipamento ata a motorizaci\u00f3n, suspensi\u00f3n ou climatizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Alg\u00fans adic\u00e1ronse ao longo percorrido tanto por Espa\u00f1a como realizando viaxes a Francia, Portugal, Italia ou Pa\u00edses Baixos, mentres que outros prestaron servizo en li\u00f1as regulares e roteiro escolar.<\/p>\n<p><strong>Reflexo dunha \u00e9poca<\/strong><\/p>\n<p>Estes veh\u00edculos, unhas veces rescatados polas empresas da s\u00faa propia frota, outros adquiridos a outras compa\u00f1\u00edas ou salvados de despezamentos, contan unha historia que non acaba naqueles servizos que fixeron no seu d\u00eda, sen\u00f3n que hoxe representan a imaxe dunha \u00e9poca en pel\u00edculas, series de televisi\u00f3n, ou eventos, ademais de ser protagonistas en festas e vodas.<\/p>\n<p>As\u00ed, al\u00faganse, xa que, cunha lexislaci\u00f3n especial, poden circular. Pel\u00edculas como Palmeras en la Nieve ou A Esmorga, series como Velvet ou Pazo de Familia, ou anuncios publicitarios de distintas marcas, contaron con estas pezas de museo.<\/p>\n<p>Estes magn\u00edficos veh\u00edculos pertencen a oito empresas que dedicaron moito tempo, esforzo e enxe\u00f1o para restaurar estes autocares, convert\u00e9ndoos en aut\u00e9nticas xoias sobre rodas. Son de Empresa Cui\u00f1a e Transportes Mosquera (ambos do grupo Autocares R\u00edas Baixas), Autocares L\u00e1zara, Autocares Meijide, Empresa L\u00e1zara, Autocares de Santiago, Autobuses Juan e de Avelino Garrido, da antiga Empresa Garrido.<\/p>\n<p><strong>&gt;&gt;&gt;\u00a0<a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/pgwnWcx3RHVugxxcA\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">+ Fotos ExpoBus Iberia<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>EXP\u00d3\u00d1ENSE PEZAS \u00daNICAS, MODELOS PIONEIROS EN CANTO A PRESTACI\u00d3NS OU CON INTERESANTES CURIOSIDADES QUE SON O REFLEXO DUNHA \u00c9POCA Silleda, 21 de novembro de 2025.- A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, a cal se celebra dende onte e ata ma\u00f1\u00e1 no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, convida estes &#8230; <a title=\"Os visitantes de ExpoBus Iberia viaxan ao pasado nunha mostra con preto  de trinta autobuses de entre 1908 e 1991\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/los-visitantes-de-expobus-iberia-viajan-al-pasado-en-una-muestra-con-cerca-de-treinta-autobuses-de-entre-1908-y-1991\/\" aria-label=\"M\u00e1is en Os visitantes de ExpoBus Iberia viaxan ao pasado nunha mostra con preto  de trinta autobuses de entre 1908 e 1991\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5113,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33],"tags":[],"class_list":["post-5115","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-expobus-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5115","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5115"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5115\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5116,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5115\/revisions\/5116"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5113"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5115"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5115"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5115"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}