{"id":5108,"date":"2025-11-21T15:20:24","date_gmt":"2025-11-21T15:20:24","guid":{"rendered":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/la-tecnologia-digital-y-la-ia-en-el-sector-del-autobus-un-salto-cualitativo-en-la-prestacion-de-servicios-mas-eficientes-agiles-conectados-y-sostenibles\/"},"modified":"2025-11-21T15:24:54","modified_gmt":"2025-11-21T15:24:54","slug":"la-tecnologia-digital-y-la-ia-en-el-sector-del-autobus-un-salto-cualitativo-en-la-prestacion-de-servicios-mas-eficientes-agiles-conectados-y-sostenibles","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/la-tecnologia-digital-y-la-ia-en-el-sector-del-autobus-un-salto-cualitativo-en-la-prestacion-de-servicios-mas-eficientes-agiles-conectados-y-sostenibles\/","title":{"rendered":"A tecnolox\u00eda dixital e a IA no sector do autob\u00fas, un salto cualitativo na prestaci\u00f3n de servizos m\u00e1is eficientes, \u00e1xiles, conectados e sostibles"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>\u00c9 UNHA DAS REFLEXI\u00d3NS EXPOSTAS NA XORNADA SOBRE A APLICACI\u00d3N DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL NO TRANSPORTE P\u00daBLICO DE VIAXEIROS E A MOBILIDADE, A CAL TIVO LUGAR HOXE NA FEIRA EXPOBUS IBERIA<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li><strong>O CERTAME CEL\u00c9BRASE DENDE ONTE E ATA MA\u00d1\u00c1 NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong><em>Silleda, 21 de novembro de 2025.- <\/em><\/strong>A aplicaci\u00f3n da intelixencia artificial no transporte p\u00fablico de viaxeiros e a mobilidade protagonizou hoxe o programa de conferencias da IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, a cal se celebra desde onte e ata ma\u00f1\u00e1 na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra).<\/p>\n<p>A xornada t\u00e9cnica foi inaugurada polo subdirector xeral de Ordenaci\u00f3n do Transporte da Xunta de Galicia, Pablo Alejandro Amenedo, quen destacou o Plan de Transporte P\u00fablico de Galicia, posto en marcha en 2020 coa finalidade de mellorar servizos, establecer maiores frecuencias e ofrecer servizos adaptados \u00e1s necesidades dos usuarios, con paradas preto para facer m\u00e1is atractivo o uso do transporte p\u00fablico. As\u00ed mesmo, fixo alusi\u00f3n ao \u00e9xito actual no emprego do transporte p\u00fablico e destacou as bonificaci\u00f3ns da administraci\u00f3n auton\u00f3mica a trav\u00e9s das tarxetas Xente Nova e +65, ademais de falar de desaf\u00edos. En canto a estes, indicou que se est\u00e1 traballando, entre outros aspectos, en novos m\u00e9todos de pago, intermodalidade e informaci\u00f3n en tempo real, xunto cunha nova web e app.<\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n, Carlos Acha, director de Innovaci\u00f3n e Tecnolox\u00eda da Empresa Municipal de Transportes de Madrid (EMT Madrid), impartiu o relatorio \u201cRedefinindo a mobilidade: o impacto transformador da IA no transporte de persoas\u201d.\u00a0 Coa experiencia que lle outorga o seu labor no principal operador de autobuses urbanos de Espa\u00f1a, analizou o mercado do transporte de viaxeiros destacando o \u201cbo momento\u201d sectorial e falou da transformaci\u00f3n dixital deste \u00e1mbito, facendo fincap\u00e9 en que a integraci\u00f3n de tecnolox\u00edas dixitais na vida diaria das persoas, xunto cos avances innovadores no sector da mobilidade, son as d\u00faas principais forzas que est\u00e1n a transformar a nosa contorna e os nosos h\u00e1bitos. As\u00ed mesmo, subli\u00f1ou que o seu impacto en \u00e1mbitos como a prestaci\u00f3n de servizos ao viaxeiro, a enerx\u00eda de propulsi\u00f3n e as infraestruturas, brinda novas oportunidades para o desenvolvemento de servizos integrais de mobilidade e tam\u00e9n que ofrece a oportunidade de dar un salto cualitativo na prestaci\u00f3n duns servizos m\u00e1is eficientes, \u00e1xiles, conectados e sostibles.<\/p>\n<p>Este experto falou ademais da mobilidade conectada e o uso da IA no transporte de persoas. Neste sentido, expuxo o seu uso na EMT Madrid, indicando que a intelixencia artificial est\u00e1 a ser a forza condutora detr\u00e1s da transformaci\u00f3n desta empresa municipal de transportes e mostrando casos de uso xa en marcha na EMT, como o Simulador para Transporte destinado a operaci\u00f3ns de bus, que simula escenarios de roteiros e horarios para mellorar a planificaci\u00f3n, detectar ineficiencias e minimizar o impacto co cliente<\/p>\n<p><strong>Mobilidade personalizada e sistemas de pago<\/strong><\/p>\n<p>Por outra banda, Salo Taboada, business development Espa\u00f1a de Nemi Mobility Solutions, falou na s\u00faa intervenci\u00f3n sobre o seu compromiso persoal de impulsar desde a tecnolox\u00eda unha mobilidade que sexa intelixente e humana, onde a IA non sexa un luxo, sen\u00f3n un <em>habilitador<\/em> para que calquera persoa, desde zonas de baixa densidade ata centros urbanos, te\u00f1a acceso a un servizo de transporte p\u00fablico fiable, c\u00f3modo e sostible. Co convencemento de que a tecnolox\u00eda debe po\u00f1erse ao servizo das persoas e non ao rev\u00e9s, durante a s\u00faa intervenci\u00f3n falou dun cambio de paradigma no transporte de viaxeiros, xa que o dese\u00f1o do transporte p\u00fablico tradicional en base a horarios e roteiros fixos deu paso a unha realidade na que os datos e a intelixencia artificial permite dese\u00f1ar sistemas m\u00e1is flexibles, preditivos e personalizados.\u00a0 Falou da IA aplicada \u00e1 optimizaci\u00f3n de roteiros e frotas, a cal permite determinar onde deben estar as paradas, reducir custos e emisi\u00f3ns e adaptar o servizo en tempo real segundo demanda. Tam\u00e9n expuxo a relaci\u00f3n desta tecnolox\u00eda co usuario, a cal d\u00e1 lugar a experiencias m\u00e1is humanas e accesibles sen necesidade de apps complexas. Mirando ao futuro, sinalou as s\u00faas vantaxes en canto a predici\u00f3n e automatizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A xornada pechouse cun dos maiores expertos en tecnolox\u00eda de pago para o transporte, Jos\u00e9 Francisco Mart\u00edn, CEO de Busmatick, quen falou das claves que definen o futuro do pago no transporte p\u00fablico. As\u00ed, explicou como os tradicionais sistemas baseados en tarxetas, sistemas CBT (Card Based Ticketing), deixan paso a modelos baseados en conta, ABT (Account Based Ticketing), onde os nosos datos est\u00e1n nunha nube \u00e1 que ten acceso a autoridade de transporte. O usuario identif\u00edcase ao acceder ao transporte p\u00fablico cun medio fiable, cun \u2018Token\u2019 que pode ser a propia tarxeta de transporte, a tarxeta do banco, o DNI, o Smartphone ou calquera factor biom\u00e9trico como a nosa pegada ou reco\u00f1ecemento facial. O sistema s\u00f3 ten que reco\u00f1ecer quen somos. E isto non \u00e9 un proxecto futuro, \u00e9 unha realidade que se implantou nalgunhas cidades como Ponferrada, Quito (Ecuador), Antofagasta (Chile) ou Oaxaca (M\u00e9xico). Indicou que para que esta realidade fose posible usouse a intelixencia artificial tanto no desenvolvemento das aplicaci\u00f3ns como na do motor tarifario que asigna o prezo m\u00e1is xusto ao usuario en funci\u00f3n do seu perfil e do uso que cada persoa fai do sistema de transporte p\u00fablico da s\u00faa cidade. Destacou que o cambio \u00e9 radical e as empresas m\u00e1is punteiras espa\u00f1olas est\u00e1n a traballar nisto.<\/p>\n<p>A xornada foi clausurada polo director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Dur\u00e1n, quen subli\u00f1ou as magn\u00edficas posibilidades que ofrece a IA para converternos en \u201csuperempresarios\u201d e \u201csupertraballadores\u201d<\/p>\n<p><strong>&gt;&gt;&gt;\u00a0<a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/pgwnWcx3RHVugxxcA\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">+ Fotos ExpoBus Iberia<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 UNHA DAS REFLEXI\u00d3NS EXPOSTAS NA XORNADA SOBRE A APLICACI\u00d3N DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL NO TRANSPORTE P\u00daBLICO DE VIAXEIROS E A MOBILIDADE, A CAL TIVO LUGAR HOXE NA FEIRA EXPOBUS IBERIA O CERTAME CEL\u00c9BRASE DENDE ONTE E ATA MA\u00d1\u00c1 NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA Silleda, 21 de novembro de 2025.- A aplicaci\u00f3n da intelixencia &#8230; <a title=\"A tecnolox\u00eda dixital e a IA no sector do autob\u00fas, un salto cualitativo na prestaci\u00f3n de servizos m\u00e1is eficientes, \u00e1xiles, conectados e sostibles\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/la-tecnologia-digital-y-la-ia-en-el-sector-del-autobus-un-salto-cualitativo-en-la-prestacion-de-servicios-mas-eficientes-agiles-conectados-y-sostenibles\/\" aria-label=\"M\u00e1is en A tecnolox\u00eda dixital e a IA no sector do autob\u00fas, un salto cualitativo na prestaci\u00f3n de servizos m\u00e1is eficientes, \u00e1xiles, conectados e sostibles\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5106,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33],"tags":[],"class_list":["post-5108","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-expobus-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5108","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5108"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5108\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5109,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5108\/revisions\/5109"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5106"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5108"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5108"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5108"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}