{"id":5091,"date":"2025-11-20T17:43:39","date_gmt":"2025-11-20T17:43:39","guid":{"rendered":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/expobus-iberia-2025-muestra-ya-lo-ultimo-en-vehiculos-equipamiento-servicios-y-soluciones-tecnologicas-para-el-transporte-en-autobus\/"},"modified":"2025-11-20T17:46:03","modified_gmt":"2025-11-20T17:46:03","slug":"expobus-iberia-2025-muestra-ya-lo-ultimo-en-vehiculos-equipamiento-servicios-y-soluciones-tecnologicas-para-el-transporte-en-autobus","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/expobus-iberia-2025-muestra-ya-lo-ultimo-en-vehiculos-equipamiento-servicios-y-soluciones-tecnologicas-para-el-transporte-en-autobus\/","title":{"rendered":"ExpoBus Iberia 2025 mostra xa o \u00faltimo en veh\u00edculos, equipamento, servizos e soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas para o transporte en autob\u00fas"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>O CERTAME FOI INAUGURADO HOXE POLO CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES DA XUNTA DE GALICIA, DIEGO CALVO<\/strong><\/li>\n<li><strong>MAIOR EFICIENCIA, SOSTENIBILIDADE, SEGURIDADE, ACCESIBILIDADE OU DIXITALIZACI\u00d3N, OBXECTIVOS QUE DESTACAN NAS PROPOSTAS PRESENTADAS NESTA CUARTA EDICI\u00d3N<\/strong><\/li>\n<li><strong>ESTA MA\u00d1\u00c1 COMEZOU ADEMAIS O SEU PROGRAMA DE ACTIVIDADES, CON XORNADAS T\u00c9CNICAS, AS PROBAS DO CONCURSO MELLOR CONDUTOR\/A DE AUTOCARES, CIRCU\u00cdTO DE PROBAS E A EXPOSICI\u00d3N DE VEH\u00cdCULOS CL\u00c1SICOS<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong><em>Silleda, 20 de novembro de 2025.- <\/em><\/strong>A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, arrincou esta ma\u00f1\u00e1 no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA con 142 firmas expositoras de 23 pa\u00edses, as cales est\u00e1n representadas por 69 expositores directos de seis pa\u00edses que ocupan 8.414 metros cadrados netos. Unhas cifras que supo\u00f1en un notable crecemento do certame e converten esta edici\u00f3n na maior celebrada ata o momento. As\u00ed, as firmas representadas son un 10% m\u00e1is que na cita de 2023, mentres que os expositores directos, de Espa\u00f1a, Portugal, Italia, Alema\u00f1a, Bulgaria e Polonia, aumentan un 11,3% e ocupan un 26,7% m\u00e1is de superficie neta.<\/p>\n<p>O certame, que foi inaugurado esta ma\u00f1\u00e1 polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo, mostra ata o s\u00e1bado \u00e1s 16.00h as \u00faltimas tendencias e novidades no transporte de viaxeiros por estrada.<\/p>\n<p>As\u00ed, p\u00f3dense ver os veh\u00edculos m\u00e1is novidosos de cada marca, de\u00e7nde modelos consagrados que incorporan interesantes innovaci\u00f3ns ata novos autobuses 100% el\u00e9ctricos, h\u00edbridos, de hidr\u00f3xeno ou aut\u00f3nomos. Tam\u00e9n se pode ver o \u00faltimo en equipamento, sistemas, servizos e soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xica para as frotas das empresas de transporte de viaxeiros e os seus profesionais. Eficiencia, sustentabilidade, seguridade, accesibilidade ou dixitalizaci\u00f3n son alg\u00fans dos aspectos que destacan nas propostas presentadas nesta edici\u00f3n.<\/p>\n<p>A esta \u00e1rea expositiva \u00fanese un interesante programa de actividades, o cal est\u00e1 en marcha dende esta ma\u00f1\u00e1. As\u00ed, xa se est\u00e1n levando a cabo as primeiras probas do concurso Mellor Condutor\/a de Autocares, que este ano se internacionaliza, pode verse a exposici\u00f3n de autobuses cl\u00e1sicos e cel\u00e9branse dende primeira hora as xornadas t\u00e9cnicas previstas para hoxe.<\/p>\n<p><strong>Aforro enerx\u00e9tico, dumping social e empresa familiar<\/strong><\/p>\n<p>As conferencias de ExpoBus Iberia 2025 comezaron esta ma\u00f1\u00e1 abordando os certificados de aforro enerx\u00e9tico (CAEs) e a s\u00faa aplicaci\u00f3n no transporte de viaxeiros por estrada nunha xornada organizada pola Asociaci\u00f3n Nacional de Empresarios de Transportes en Autocares (ANETRA). Este encontro, inaugurado polo presidente desta asociaci\u00f3n, Luis \u00c1ngel Pedrero, contou coa participaci\u00f3n de Em\u00e9rito Freire, director do Departamento de Coordinaci\u00f3n de Eficiencia Enerx\u00e9tica no Sector P\u00fablico do Instituto Enerx\u00e9tico de Galicia (INEGA), que explicou que son as CAEs, e con Rodrigo L\u00f3pez, head of Origination Energy Efficiency de STX, quen presentou o proxecto \u201cANETRA &#8211; Fichas CAEs para Transporte RUE\u201d. Ademais, celebrouse unha mesa redonda sobre as fichas CAEs para transporte, moderada por Ra\u00fal Gonz\u00e1lez, da plataforma Somos Movilidad, e coa participaci\u00f3n de Ignacio Bendala, de MAN Truck &amp; Bus; Juan Blanch, da empresa tecnol\u00f3xica ZF; e David Montesinos, de Pneum\u00e1ticos Soledad.\u00a0 A xornada foi clausurada pola directora xeral de Transporte por Estrada e Ferrocarril do Ministerio de Transporte y Movilidad Sostible, Elena Mar\u00eda Atance.<\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n, a Asociaci\u00f3n de Empresas de Autocares DIREB\u00daS ofreceu unha xornada sobre o dumping social na que o seu director executivo, Juan Manuel Gayo, falou sobre esta pr\u00e1ctica ilegal e ameaza real que a pequena e mediana empresa do sector do autob\u00fas sofre con maior frecuencia. Unha competencia desleal de empresas buz\u00f3n estranxeiras que alteran o normal desenvolvemento da igualdade de oportunidades para realizar actividades de servizos.<\/p>\n<p>O programa de xornadas de hoxe remata esta tarde coa titulada \u201cA decisi\u00f3n estrat\u00e9xica m\u00e1is importante da empresa familiar: continuar ou vender?\u201d. As empresas familiares te\u00f1en sufrido un momento de axitaci\u00f3n ante a nova situaci\u00f3n macroecon\u00f3mica, na que puideron verse danados os principios e valores de orgullo familiar e legado hist\u00f3rico destas compa\u00f1\u00edas e no que moitas familias empresarias est\u00e1n a vivir unha situaci\u00f3n de ameaza da s\u00faa continuidade e outras unha clara oportunidade de crecemento e posicionamento estrat\u00e9xico. Unha circunstancia que non \u00e9 allea ao sector do autob\u00fas e que se aborda a trav\u00e9s de dous relatorios \u201cO proceso de reflexi\u00f3n estrat\u00e9xica nas empresas familiares ante a incerteza da contorna econ\u00f3mica\u201d e \u201cCanto vale a nosa empresa familiar? Crecemento inorg\u00e1nico e non continuidade de ramas familiares\u201d, xa que en ocasi\u00f3ns determ\u00ednase que a mellor alternativa \u00e9 a de non continuar co legado familiar por resultar contraproducente. Son dous expertos os que imparten estes relatorios, Javier Fuentes, doutor sobresaliente Cum Laude en Ciencias Empresariais con m\u00e1is de 20 anos de experiencia no sector do transporte, e Diego Garrido, licenciado en dereito que leva exercendo como consultor de empresas m\u00e1is de d\u00faas d\u00e9cadas, ambos os do Grupo Arte Soluciones Creativas.<\/p>\n<p><strong>&gt;&gt;&gt;\u00a0<a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/pgwnWcx3RHVugxxcA\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">+ Fotos ExpoBus Iberia<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O CERTAME FOI INAUGURADO HOXE POLO CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES DA XUNTA DE GALICIA, DIEGO CALVO MAIOR EFICIENCIA, SOSTENIBILIDADE, SEGURIDADE, ACCESIBILIDADE OU DIXITALIZACI\u00d3N, OBXECTIVOS QUE DESTACAN NAS PROPOSTAS PRESENTADAS NESTA CUARTA EDICI\u00d3N ESTA MA\u00d1\u00c1 COMEZOU ADEMAIS O SEU PROGRAMA DE ACTIVIDADES, CON XORNADAS T\u00c9CNICAS, AS PROBAS DO CONCURSO MELLOR CONDUTOR\/A DE AUTOCARES, CIRCU\u00cdTO &#8230; <a title=\"ExpoBus Iberia 2025 mostra xa o \u00faltimo en veh\u00edculos, equipamento, servizos e soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas para o transporte en autob\u00fas\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/expobus-iberia-2025-muestra-ya-lo-ultimo-en-vehiculos-equipamiento-servicios-y-soluciones-tecnologicas-para-el-transporte-en-autobus\/\" aria-label=\"M\u00e1is en ExpoBus Iberia 2025 mostra xa o \u00faltimo en veh\u00edculos, equipamento, servizos e soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas para o transporte en autob\u00fas\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5088,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33],"tags":[],"class_list":["post-5091","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-expobus-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5091","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5091"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5091\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5092,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5091\/revisions\/5092"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5088"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5091"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5091"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5091"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}