{"id":5069,"date":"2025-11-19T12:49:32","date_gmt":"2025-11-19T12:49:32","guid":{"rendered":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/expobus-iberia-2025-crece-y-celebra-desde-manana-su-mayor-edicion-con-142-firmas-expositoras-de-23-paises-y-un-atractivo-programa\/"},"modified":"2025-11-19T12:54:57","modified_gmt":"2025-11-19T12:54:57","slug":"expobus-iberia-2025-crece-y-celebra-desde-manana-su-mayor-edicion-con-142-firmas-expositoras-de-23-paises-y-un-atractivo-programa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/expobus-iberia-2025-crece-y-celebra-desde-manana-su-mayor-edicion-con-142-firmas-expositoras-de-23-paises-y-un-atractivo-programa\/","title":{"rendered":"ExpoBus Iberia 2025 medra e celebra dende ma\u00f1\u00e1 a s\u00faa maior edici\u00f3n, con 142 firmas expositoras de 23 pa\u00edses e un atractivo programa"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>ESTAS MARCAS, UN 10% M\u00c1IS QUE NA S\u00daA PASADA CITA, ESTAR\u00c1N REPRESENTADAS POR 69 EXPOSITORES DIRECTOS, UN 11,3% M\u00c1IS QUE ENT\u00d3N, OS CALES OCUPAR\u00c1N UNHA SUPERFICIE DE 8.414 METROS CADRADOS NETOS, UN 26,7% MAIOR<\/strong><\/li>\n<li><strong>XORNADAS, O CONCURSO MELLOR CONDUTOR\/A DE AUTOCARES, UNHA EXPOSICI\u00d3N DE CL\u00c1SICOS OU UN CIRCU\u00cdTO DE PROBAS SER\u00c1N ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES DESTA IV FEIRA DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong><em>Silleda, 19 de novembro de 2025.- <\/em><\/strong>A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, a cal se celebra dende ma\u00f1\u00e1 xoves ata o s\u00e1bado na Feira Internacional de Galicia ABANCA, arrincar\u00e1 con 142 firmas expositoras de 23 pa\u00edses, as cales estar\u00e1n representadas por 69 expositores directos de seis pa\u00edses que ocupar\u00e1n 8.414 metros cadrados netos.<\/p>\n<p>Estas cifras supo\u00f1en un notable crecemento do certame e converten esta edici\u00f3n na maior celebrada ata o momento. As\u00ed, as firmas representadas son un 10% m\u00e1is que na cita de 2023, mentres que os expositores directos, de Espa\u00f1a, Portugal, Italia, Alema\u00f1a, Bulgaria e Polonia, aumentan un 11,3% e ocupan un 26,7% m\u00e1is de superficie neta. Esta, sumada \u00e1 empregada para as actividades, ascende a m\u00e1is de 29.000 metros cadrados, superando en preto de 3.000 metros a superficie bruta de 2023.<\/p>\n<p>Ademais, nesta edici\u00f3n o certame aumenta o seu car\u00e1cter internacional, xa que as firmas expositoras proceden de cinco pa\u00edses m\u00e1is, mentres que os expositores directos fano dun pa\u00eds m\u00e1is.<\/p>\n<p>ExpoBus Iberia 2025 consol\u00eddase as\u00ed como a segunda maior feira do sector a nivel nacional, con presenza ademais da inmensa maior\u00eda de empresas nacionais de carrocer\u00edas para autobuses e os principais fabricantes e carroceiros do sector do autob\u00fas a nivel internacional, ademais de numerosas compa\u00f1\u00edas relacionadas coa industria auxiliar.<\/p>\n<p>Este apoio do sector na \u00e1rea expositiva do certame ref\u00f3rzase ademais coa participaci\u00f3n nesta cita tanto da Asociaci\u00f3n Nacional de Fabricantes de Carrocer\u00edas y Buses (ASCABUS) como das tres principais asociaci\u00f3ns empresariais do transporte en autob\u00fas en Espa\u00f1a, como son a Confederaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Transporte en Autob\u00fas (CONFEBUS), a Asociaci\u00f3n de Empresas de Autocares (DIREB\u00daS) e a Asociaci\u00f3n Nacional de Empresarios de Transportes en Autocares (ANETRA).<\/p>\n<p>ExpoBus Iberia 2025 ser\u00e1 un completo escaparate no que se poder\u00e1n ver as \u00faltimas tendencias e novidades no transporte de viaxeiros por estrada, tanto en veh\u00edculos como en equipamento, sistemas, servizos e soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas para as frotas das empresas de transporte de viaxeiros e os seus profesionais. Eficiencia, sustentabilidade, seguridade, accesibilidade ou dixitalizaci\u00f3n ser\u00e1n alg\u00fans dos aspectos que destacar\u00e1n na exposici\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Un atractivo programa<\/strong><strong><em>\u00a0<\/em><\/strong><\/p>\n<p>De forma paralela \u00e1 s\u00faa exposici\u00f3n, ExpoBus Iberia 2025 ofrecer\u00e1 un atractivo programa de actividades que converter\u00e1 \u00e1 feira nun espazo para a an\u00e1lise e o intercambio de co\u00f1ecementos.<\/p>\n<p>En canto \u00e1s s\u00faas conferencias, comezar\u00e1n o primeiro d\u00eda abordando os certificados de aforro enerx\u00e9tico (CAEs) e a s\u00faa aplicaci\u00f3n no transporte de viaxeiros por estrada, nunha xornada organizada por Anetra, analiz\u00e1ndose a continuaci\u00f3n a ameaza real de competencia desleal que sup\u00f3n o dumping social no sector do autob\u00fas, nun encontro realizado por Direb\u00fas. Ademais, a decisi\u00f3n estrat\u00e9xica que sup\u00f3n a continuidade das empresas familiares tratarase noutra xornada, a cal se centrar\u00e1 neste proceso de reflexi\u00f3n ante a incerteza da contorna econ\u00f3mica e en canto vale a nosa empresa en caso de decidir non continuar co legado familiar.<\/p>\n<p>Xa o segundo d\u00eda, as xornadas centraranse no impacto da intelixencia artificial no transporte de persoas, tratando temas como os cambios que sup\u00f3n a tecnolox\u00eda na xesti\u00f3n das empresas e os retos aos que se enfrontan cos novos servizos dixitais, ademais de abordar a mobilidade personalizada e o transporte a medida das necesidades das persoas ou como ser\u00e1 o futuro do pago no transporte p\u00fablico.<\/p>\n<p>Outra proposta ser\u00e1 o Premio Mellor Condutor\/a de Autocares 2025, o cal conta con Man Truck &amp; Bus como patrocinador principal e co Sindicato Libre de Transporte (SLT) e Proformatrans como patrocinadores destacados. Nesta edici\u00f3n, na que a competici\u00f3n se internacionaliza e aumenta os seus galard\u00f3ns, participar\u00e1 medio centenar de condutores e condutoras de varios pa\u00edses. Estes ser\u00e1n avaliados durante os tres d\u00edas do certame en distintos aspectos te\u00f3ricos e pr\u00e1cticos, como a suavidade na conduci\u00f3n, a anticipaci\u00f3n, a habilidade ou os h\u00e1bitos. Os premios entregaranse na \u00faltima xornada da feira.<\/p>\n<p>Ademais, dentro do programa destacar\u00e1n un circu\u00edto de probas no que varias empresas po\u00f1er\u00e1n ao dispor dos seus potenciais clientes a posibilidade de conducir alg\u00fan dos seus modelos por estrada e tam\u00e9n a exposici\u00f3n de veh\u00edculos cl\u00e1sicos. En canto a esta \u00faltima, ampl\u00edase respecto \u00e1 pasada edici\u00f3n e far\u00e1 un repaso \u00e1 historia do autob\u00fas con preto dunha trintena de veh\u00edculos fabricados entre 1908 e 1991, entre eles un dos primeiros autobuses que existiron no mercado, un modelo que \u00e9 o \u00fanico que se conserva na actualidade, veh\u00edculos adiantados ao seu tempo por prestaci\u00f3ns ou velocidade m\u00e1xima, con extras como cristais alpinos tintados ou floreiro, ou modelos que supuxeron un salto ao autob\u00fas moderno tanto en equipamento como en motorizaci\u00f3n, suspensi\u00f3n ou climatizaci\u00f3n. Aut\u00e9nticas xoias sobre rodas que pertencen a oito empresas: Empresa Cui\u00f1a e Transportes Mosquera (ambos do grupo Autocares R\u00edas Baixas), Autocares L\u00e1zara, Autocares Meijide, Empresa L\u00e1zara, Autocares de Santiago, Autobuses Juan e a Avelino Garrido, da antiga Empresa Garrido.<\/p>\n<p>O programa completarase con talleres de rotulaci\u00f3n de autobuses ou asembleas de federaci\u00f3ns galegas de empresas de transporte en autob\u00fas.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/www.expobusiberia.com\/catalogo.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">&gt;&gt;&gt; Descargar plano e programa de ExpoB\u00fas 2025<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ESTAS MARCAS, UN 10% M\u00c1IS QUE NA S\u00daA PASADA CITA, ESTAR\u00c1N REPRESENTADAS POR 69 EXPOSITORES DIRECTOS, UN 11,3% M\u00c1IS QUE ENT\u00d3N, OS CALES OCUPAR\u00c1N UNHA SUPERFICIE DE 8.414 METROS CADRADOS NETOS, UN 26,7% MAIOR XORNADAS, O CONCURSO MELLOR CONDUTOR\/A DE AUTOCARES, UNHA EXPOSICI\u00d3N DE CL\u00c1SICOS OU UN CIRCU\u00cdTO DE PROBAS SER\u00c1N ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES DESTA &#8230; <a title=\"ExpoBus Iberia 2025 medra e celebra dende ma\u00f1\u00e1 a s\u00faa maior edici\u00f3n, con 142 firmas expositoras de 23 pa\u00edses e un atractivo programa\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/expobus-iberia-2025-crece-y-celebra-desde-manana-su-mayor-edicion-con-142-firmas-expositoras-de-23-paises-y-un-atractivo-programa\/\" aria-label=\"M\u00e1is en ExpoBus Iberia 2025 medra e celebra dende ma\u00f1\u00e1 a s\u00faa maior edici\u00f3n, con 142 firmas expositoras de 23 pa\u00edses e un atractivo programa\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5066,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33],"tags":[],"class_list":["post-5069","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-expobus-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5069","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5069"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5069\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5070,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5069\/revisions\/5070"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5066"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5069"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5069"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5069"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}