{"id":4264,"date":"2024-10-04T10:38:38","date_gmt":"2024-10-04T10:38:38","guid":{"rendered":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/expobus-iberia-volvera-a-reunir-al-sector-del-transporte-de-viajeros-por-carretera-del-20-al-22-de-noviembre-de-2025\/"},"modified":"2024-10-04T10:40:10","modified_gmt":"2024-10-04T10:40:10","slug":"expobus-iberia-volvera-a-reunir-al-sector-del-transporte-de-viajeros-por-carretera-del-20-al-22-de-noviembre-de-2025","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/expobus-iberia-volvera-a-reunir-al-sector-del-transporte-de-viajeros-por-carretera-del-20-al-22-de-noviembre-de-2025\/","title":{"rendered":"ExpoBus Iberia volver\u00e1 reunir ao sector do transporte de viaxeiros por estrada do 20 ao 22 de novembro de 2025"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>DECIDIUNO HOXE O SEU COMIT\u00c9 ORGANIZADOR NUNHA REUNI\u00d3N PRESIDIDA POLA DIRECTORA XERAL DE MOBILIDADE DA XUNTA DE GALICIA, JUDIT FONTELA, QUEN SE PUXO AO DISPOR TANTO DA ENTIDADE FEIRIAL COMO DO SECTOR PARA COLABORAR NO CERTAME, A S\u00daA CONSOLIDACI\u00d3N E POSICIONAMENTO<\/strong><\/li>\n<li><strong>SER\u00c1 A CUARTA EDICI\u00d3N DESTA FEIRA, A CAL \u00c9 XA A SEGUNDA MAIOR DO SECTOR A NIVEL NACIONAL<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong><em>Silleda, 3 de outubro de 2024.- <\/em><\/strong>A cuarta edici\u00f3n da Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, celebrarase do 20 ao 22 de novembro de 2025. As\u00ed o decidiu esta ma\u00f1\u00e1 o seu Comit\u00e9 Organizador nun encontro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra) no que participaron representantes de empresas l\u00edderes no sector, tanto fabricantes como de transporte de viaxeiros, e tam\u00e9n de destacadas asociaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>A reuni\u00f3n estivo presidida pola directora xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Judit Fontela, quen se puxo ao dispor tanto da entidade feiral como do sector para colaborar na organizaci\u00f3n do certame, na s\u00faa consolidaci\u00f3n a nivel nacional e tam\u00e9n no seu posicionamento a nivel europeo.<\/p>\n<p>Ademais de analizar as mellores datas para a celebraci\u00f3n desta nova convocatoria segundo o calendario feiral e as necesidades dos axentes implicados, tam\u00e9n se abordaron outros aspectos cos que a organizaci\u00f3n comezar\u00e1 xa a traballar para que esta nova cita volva ser un \u00e9xito.<\/p>\n<p><strong>Un certame con excelentes resultados<\/strong><\/p>\n<p>Os asistentes ao encontro destacaron a pasada convocatoria como unha experiencia moi positiva e con magn\u00edficos resultados, \u00e1 vez que mostraron o seu completo apoio a esta nova edici\u00f3n de ExpoBus Iberia.<\/p>\n<p>Un respaldo que \u00e9 esencial para manter a s\u00faa condici\u00f3n de segunda maior feira do sector a nivel nacional e para continuar coa boa evoluci\u00f3n do certame, o cal contou na s\u00faa cita de 2023 con 130 firmas de 18 pa\u00edses, as cales estiveron representadas por 63 expositores directos de Espa\u00f1a, Portugal, Polonia, Pa\u00edses Baixos, Irlanda e Australia. Unhas cifras que dotaron ao certame de maior car\u00e1cter internacional, xa que estes expositores directos proced\u00edan do dobre de pa\u00edses que na pasada cita e supo\u00f1\u00edan un 133% m\u00e1is que ent\u00f3n.<\/p>\n<p>En canto ao n\u00famero de visitantes, rexistrou 2.048 profesionais, un 8,8% m\u00e1is que na anterior convocatoria. Unha afluencia moi relevante tendo en conta a especificidade do sector e o car\u00e1cter altamente t\u00e9cnico da feira.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>DECIDIUNO HOXE O SEU COMIT\u00c9 ORGANIZADOR NUNHA REUNI\u00d3N PRESIDIDA POLA DIRECTORA XERAL DE MOBILIDADE DA XUNTA DE GALICIA, JUDIT FONTELA, QUEN SE PUXO AO DISPOR TANTO DA ENTIDADE FEIRIAL COMO DO SECTOR PARA COLABORAR NO CERTAME, A S\u00daA CONSOLIDACI\u00d3N E POSICIONAMENTO SER\u00c1 A CUARTA EDICI\u00d3N DESTA FEIRA, A CAL \u00c9 XA A SEGUNDA MAIOR DO &#8230; <a title=\"ExpoBus Iberia volver\u00e1 reunir ao sector do transporte de viaxeiros por estrada do 20 ao 22 de novembro de 2025\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/expobus-iberia-volvera-a-reunir-al-sector-del-transporte-de-viajeros-por-carretera-del-20-al-22-de-noviembre-de-2025\/\" aria-label=\"M\u00e1is en ExpoBus Iberia volver\u00e1 reunir ao sector do transporte de viaxeiros por estrada do 20 ao 22 de novembro de 2025\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4262,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33],"tags":[],"class_list":["post-4264","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-expobus-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4264","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4264"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4264\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4265,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4264\/revisions\/4265"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4262"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4264"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4264"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4264"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}