{"id":4203,"date":"2023-11-17T15:10:52","date_gmt":"2023-11-17T15:10:52","guid":{"rendered":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/expobus-iberia-2023-de-las-soluciones-tecnologicas-mas-innovadoras-a-ejemplares-unicos-de-autobuses-clasicos\/"},"modified":"2023-11-17T15:20:58","modified_gmt":"2023-11-17T15:20:58","slug":"expobus-iberia-2023-de-las-soluciones-tecnologicas-mas-innovadoras-a-ejemplares-unicos-de-autobuses-clasicos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/expobus-iberia-2023-de-las-soluciones-tecnologicas-mas-innovadoras-a-ejemplares-unicos-de-autobuses-clasicos\/","title":{"rendered":"ExpoBus Iberia 2023, das soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas m\u00e1is innovadoras a exemplares \u00fanicos de autobuses cl\u00e1sicos"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>EFICIENCIA, SUSTENTABILIDADE, SEGURIDADE, ACCESIBILIDADE OU DIXITALIZACI\u00d3N SON ALG\u00daNS DOS ASPECTOS QUE M\u00c1IS DESTACAN ENTRE AS NOVIDADES DAS EMPRESAS PRESENTES NESTA FEIRA, A CAL PECHA AS S\u00daAS PORTAS MA\u00d1\u00c1 \u00c1S 16.00H NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA<\/strong><\/li>\n<li><strong>UN FORD-T DE 1908 OU UN HISPANO SU\u00cdZO DE 1935 QUE \u00c9 O \u00daNICO DESTE MODELO QUE SE CONSERVA NA ACTUALIDADE SON ALG\u00daNS DOS M\u00c1GN\u00cdFICOS VEH\u00cdCULOS COS QUE OS VISITANTES PODEN VOLVER AO PASADO<\/strong><\/li>\n<li><strong>AS XORNADAS E PRESENTACI\u00d3NS CONTIN\u00daAN NO CERTAME, ABORDANDO ASPECTOS COMO O TAC\u00d3GRAFO INTELIXENTE, ALCOHOL\u00cdMETROS ANTIARRANQUE OU UN POSGRADUADO EN TRANSPORTE DE VIAXEIROS<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong><em>Silleda, 17 de novembro de 2023.-<\/em><\/strong> A III Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2023, a cal pecha as s\u00faas portas ma\u00f1\u00e1 \u00e1s 16.00 horas na Feira Internacional de Galicia ABANCA, contin\u00faa hoxe conxugando as soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas m\u00e1is innovadoras con aut\u00e9nticas xoias cl\u00e1sicas que permiten aos visitantes volver ao pasado.<\/p>\n<p>As empresas e entidades que participan na \u00e1rea expositiva, que representan a 130 firmas expositoras de 18 pa\u00edses, conforman un completo escaparate no que poden verse as \u00faltimas tendencias e novidades no transporte de viaxeiros por estrada, tanto en veh\u00edculos como en equipamento, sistemas, servizos e tecnolox\u00edas orientadas a ofrecer soluci\u00f3ns de mobilidade para mellorar a vida dos cidad\u00e1ns.<\/p>\n<p>Eficiencia, sustentabilidade, seguridade, accesibilidade ou dixitalizaci\u00f3n son alg\u00fans dos aspectos que destacan na exposici\u00f3n, podendo verse autobuses de \u00faltima xeraci\u00f3n, 100% electr\u00f3nicos ou de emisi\u00f3n 0, sistemas que utilizan a intelixencia artificial para monitorizar o estado emocional e f\u00edsico do condutor e detectan signos de fatiga ou estr\u00e9s, enxe\u00f1er\u00eda especializada en conversi\u00f3n de veh\u00edculos profesionais a combustibles alternativos, soluci\u00f3ns de seguridade como c\u00e1maras 360\u00ba para evitar atropelos ou colisi\u00f3ns, ultimas versi\u00f3ns de equipamento para os veh\u00edculos, novos sistemas de xesti\u00f3n de frotas ou innovadores conceptos de mobilidade como o transporte a demanda.<\/p>\n<p><strong>Xoias sobre rodas<\/strong><\/p>\n<p>Ademais do presente e o futuro do sector, en ExpoBus Iberia tam\u00e9n se pode viaxar ao pasado a trav\u00e9s dunha mostra de veh\u00edculos espectaculares, como un dos primeiros autobuses que existiron no mercado, un Ford T de 1908 que contaba con 12 asentos a\u00ednda de madeira, ou un Hispano Su\u00edzo T-69 de 1935 pero que non puido ser carrozado e matriculado ata 1941 debido \u00e1 Guerra Civil. Este \u00faltimo, que segundo os datos dos seus propietarios \u00e9 o \u00fanico deste modelo que se conserva na actualidade, diferenciaba tres clases. A terceira contaba con 20 prazas no teito e estaba ocupada por pasaxeiros que eran os que ti\u00f1an que baixarse a empuxar o autob\u00fas no caso de que este non puidese subir unha costa.<\/p>\n<p>Entre eles tam\u00e9n se mostran outros orixinais veh\u00edculos desde a d\u00e9cada dos corenta ata os oitenta. Alg\u00fans eran autobuses de luxo adiantados ao seu tempo e con extras da \u00e9poca, como floreiros de porcelana pintada a man na parte central do parabrisas, butacas en moqueta, reloxo para viaxeiros, equipo de radio con micr\u00f3fono ou cristais alpinos que permit\u00edan unha visi\u00f3n panor\u00e1mica.<\/p>\n<p>Outros tam\u00e9n foron pioneiros. Entre eles un veh\u00edculo de reducida dimensi\u00f3n que se presentou no Sal\u00f3n de Xenebra de 1955 como o primeiro autob\u00fas compacto e cuxa luxosa est\u00e9tica e gran superficie acristalada o converteu no preferido das compa\u00f1\u00edas ch\u00e1rter e dos primeiros turistas europeos da \u00e9poca; ou un modelo de 1968 moi completo, con butacas reclinables e desplazables, calefacci\u00f3n, revisteiros, suspensi\u00f3n independente dianteira ou equipo de m\u00fasica con dous micros.<\/p>\n<p>Estes veh\u00edculos poden circular e en moitos casos al\u00faganse para acontecementos e celebraci\u00f3ns, participando alg\u00fans en reco\u00f1ecidas pel\u00edculas como Palmeras en la Nieve ou A Esmorga; en series como Velvet ou Dalia a Modista; ou en anuncios publicitarios ou eventos promocionais de entidades como a ONCE ou Bimba y Lola.<\/p>\n<p>Os autobuses expostos pertencen a seis empresas que dedicaron moito tempo, esforzo e enxe\u00f1o para restaurar estes autocares, convert\u00e9ndoos en aut\u00e9nticas xoias sobre rodas. Son de Empresa Cui\u00f1a e Transportes Mosquera (ambos do grupo Autocares R\u00edas Baixas), Autocares L\u00e1zara, Autocares Meijide, Empresa L\u00e1zara e Autocares de Santiago.<\/p>\n<p><strong>Xornadas t\u00e9cnicas e presentaci\u00f3ns<\/strong><\/p>\n<p>No certame contin\u00faa celebr\u00e1ndose un interesante programa de xornadas e presentaci\u00f3ns. Respecto \u00e1s primeiras, centr\u00e1ronse esta ma\u00f1\u00e1 no transporte a demanda e tam\u00e9n a reestruturaci\u00f3n de d\u00e9bedas e beneficios da nova lei concursal. Os seus relatorios correron a cargo de Juan Alvado, socio de Moore, e Jordi Carbonell, CEO de Nemi.<\/p>\n<p>S\u00famanse ao longo do d\u00eda de hoxe numerosas presentaci\u00f3ns, entre elas, dun posgraduado universitario en direcci\u00f3n de operaci\u00f3ns, xesti\u00f3n de frotas e planificaci\u00f3n de roteiros no transporte de viaxeiros, alcohol\u00edmetros antiarranque ou sistemas de xesti\u00f3n de frotas.<\/p>\n<p><strong>&gt;&gt;&gt; + <a href=\"https:\/\/photos.app.goo.gl\/kWQcStY8gDvVLTP97\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">FOTOS EXPOB\u00daS 2023<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>EFICIENCIA, SUSTENTABILIDADE, SEGURIDADE, ACCESIBILIDADE OU DIXITALIZACI\u00d3N SON ALG\u00daNS DOS ASPECTOS QUE M\u00c1IS DESTACAN ENTRE AS NOVIDADES DAS EMPRESAS PRESENTES NESTA FEIRA, A CAL PECHA AS S\u00daAS PORTAS MA\u00d1\u00c1 \u00c1S 16.00H NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA UN FORD-T DE 1908 OU UN HISPANO SU\u00cdZO DE 1935 QUE \u00c9 O \u00daNICO DESTE MODELO QUE SE CONSERVA &#8230; <a title=\"ExpoBus Iberia 2023, das soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas m\u00e1is innovadoras a exemplares \u00fanicos de autobuses cl\u00e1sicos\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/expobus-iberia-2023-de-las-soluciones-tecnologicas-mas-innovadoras-a-ejemplares-unicos-de-autobuses-clasicos\/\" aria-label=\"M\u00e1is en ExpoBus Iberia 2023, das soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas m\u00e1is innovadoras a exemplares \u00fanicos de autobuses cl\u00e1sicos\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4200,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33],"tags":[],"class_list":["post-4203","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-expobus-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4203","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4203"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4203\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4204,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4203\/revisions\/4204"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4200"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4203"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4203"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4203"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}