{"id":4161,"date":"2023-11-16T15:42:38","date_gmt":"2023-11-16T15:42:38","guid":{"rendered":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/una-decena-de-expertos-de-cuatro-paises-abordaron-hoy-la-situacion-del-transporte-de-viajeros-por-carretera-en-las-jornadas-de-expobus-2023\/"},"modified":"2023-11-16T15:45:34","modified_gmt":"2023-11-16T15:45:34","slug":"una-decena-de-expertos-de-cuatro-paises-abordaron-hoy-la-situacion-del-transporte-de-viajeros-por-carretera-en-las-jornadas-de-expobus-2023","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/una-decena-de-expertos-de-cuatro-paises-abordaron-hoy-la-situacion-del-transporte-de-viajeros-por-carretera-en-las-jornadas-de-expobus-2023\/","title":{"rendered":"Unha decena de expertos de catro pa\u00edses abordaron hoxe a situaci\u00f3n do transporte de viaxeiros por estrada nas xornadas de ExpoBus 2023"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>O DIRECTOR XERAL DE MOBILIDADE DA XUNTA DE GALICIA, IGNACIO MAESTRO, ABRIU ESTA MA\u00d1\u00c1 O PROGRAMA DE CONFERENCIAS DA FEIRA<\/strong><\/li>\n<li><strong>OS PRESIDENTES DAS TRES PRINCIPAIS ASOCIACI\u00d3NS NACIONAIS DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA FALARON DA SITUACI\u00d3N DO SECTOR NO PA\u00cdS, MENTRES QUE DIVERSOS EMPRESARIOS FIX\u00c9RONO DO TRANSPORTE DISCRECIONAL EN ESPA\u00d1A, MARROCOS, PORTUGAL E PA\u00cdSES BAIXOS<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong><em>Silleda, 16 de novembro de 2023.- <\/em><\/strong>A III Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2023, que se celebra dende hoxe xoves ata o s\u00e1bado no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA deu comezo esta ma\u00f1\u00e1 ao seu programa de actividades.<\/p>\n<p>O encargado de abrir esta programaci\u00f3n foi o director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro, quen fixo un repaso dos importantes avances no \u00e1mbito do transporte en autob\u00fas en Galicia dende antes da pandemia ata hoxe, destacando tanto a s\u00faa modernizaci\u00f3n como as notables melloras na oferta, pasando de 900 li\u00f1as a 3.600 na actualidade e multiplicando por d\u00faas tanto o n\u00famero de paradas como de servizos, ademais de situar a media de idade dos autobuses en 5,7 anos, case a metade da media nacional. Tam\u00e9n destacou a implementaci\u00f3n do transporte a demanda e unha \u201caposta sen precendentes\u201d polo transporte p\u00fablico gratu\u00edto para x\u00f3venes menores de 21 anos.<\/p>\n<p>Estivo acompa\u00f1ado do director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Dur\u00e1n, quen expresou a s\u00faa alegr\u00eda por estar a celebrar ExpoBus tras o par\u00f3n pola pandemia e fixo fincap\u00e9 no gran interese do programa de xornadas durante a feira.<\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n, deu comezo a primeira das mesas redondas, un faladoiro ao m\u00e1is alto nivel na que intervi\u00f1eron os presidentes das tres principais asociaci\u00f3ns empresariais do transporte en autob\u00fas en Espa\u00f1a, como son Luis \u00c1ngel Pedrero, da Asociaci\u00f3n Nacional de Empresarios de Transporte en Autocares (ANETRA); Rafael Barbadillo, da Confederaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Transporte en Autob\u00fas (CONFEBUS), e Alfonso Taborda, da Asociaci\u00f3n de Empresas de Autocares (DIREBUS).<\/p>\n<p>Durante as s\u00faas intervenci\u00f3ns fixeron un balance da situaci\u00f3n do sector do autob\u00fas e autocar nestes momentos, a repercusi\u00f3n e situaci\u00f3n do sector empresarial tras a pandemia e o encarecemento dos prezos, especialmente da enerx\u00eda.\u00a0 Ademais, abordaron outros temas que preocupan e afectan o sector empresarial, como os retos tecnol\u00f3xicos aos que ten que enfrontarse. O encontro incidiu ademais dun modo especial na an\u00e1lise da situaci\u00f3n do transporte escolar, base da actividade de moitas empresas no pa\u00eds.<\/p>\n<p><strong>Transporte discrecional en Espa\u00f1a e outros mercados<\/strong><\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n, celebrouse outra mesa redonda na que participaron catro empresarios relacionados co transporte discrecional de viaxeiros, \u00e9 dicir, servizos de transporte escolar e traballadores, traslados, excursi\u00f3ns e todo tipo de servizos tur\u00edsticos. Foron o espa\u00f1ol Luis \u00c1ngel Pedrero, de Car Tour; o neerland\u00e9s Rogier Staal, de Royal Oostenrijk Group; o marroqu\u00ed Thami Mourad, de GM2 Tours e o portugu\u00e9s Jo\u00e2o Andr\u00e9 Varela Coelho, BusVouga. Todos eles analizaron as singularidades e situaci\u00f3n deste tipo de transporte nos seus mercados, realizando unha comparativa co que sucede en Espa\u00f1a. Esta mesa, que estivo patrocinada por ANETRA, foi moderada por Justyna Mazurek, consultora internacional de Nunsys, empresa colaboradora desta asociaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Por outra banda, tam\u00e9n de man de ANETRA, celebrouse a conferencia \u201cConstru\u00edndo xuntos un futuro ilusionante\u201d, impartida por Luis Galindo. Pioneiro en Espa\u00f1a na aplicaci\u00f3n pr\u00e1ctica da psicolox\u00eda positiva \u00e1 direcci\u00f3n de equipos, Galindo \u00e9 o conferenciante m\u00e1is solicitado polas grandes empresas en cuesti\u00f3ns de motivaci\u00f3n e liderado. Conta con m\u00e1is de 42 anos de experiencia en postos directivos da \u00e1rea de recursos humanos, impartiu m\u00e1is de 3.000 conferencias e seminarios en m\u00e1is de 30 pa\u00edses e actualmente colabora con empresas e prestixiosas escolas de negocio como IESE, ESADE, IE, APD, Euroforum ou o Centro de Estudos Garrigues, entre outras.<\/p>\n<p>Desde Anetra sinalaron que se trataba \u201cdunha conferencia motivacional que axudar\u00e1 a asentar as estratexias que melloren o futuro das nosas empresas\u201d, xa que \u201ccompartimos reflexi\u00f3ns e ferramentas que nos axudar\u00e1n na apaixonante e dif\u00edcil funci\u00f3n de dirixir, motivar e comprometer aos nosos equipos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O DIRECTOR XERAL DE MOBILIDADE DA XUNTA DE GALICIA, IGNACIO MAESTRO, ABRIU ESTA MA\u00d1\u00c1 O PROGRAMA DE CONFERENCIAS DA FEIRA OS PRESIDENTES DAS TRES PRINCIPAIS ASOCIACI\u00d3NS NACIONAIS DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA FALARON DA SITUACI\u00d3N DO SECTOR NO PA\u00cdS, MENTRES QUE DIVERSOS EMPRESARIOS FIX\u00c9RONO DO TRANSPORTE DISCRECIONAL EN ESPA\u00d1A, MARROCOS, PORTUGAL E PA\u00cdSES BAIXOS &#8230; <a title=\"Unha decena de expertos de catro pa\u00edses abordaron hoxe a situaci\u00f3n do transporte de viaxeiros por estrada nas xornadas de ExpoBus 2023\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/una-decena-de-expertos-de-cuatro-paises-abordaron-hoy-la-situacion-del-transporte-de-viajeros-por-carretera-en-las-jornadas-de-expobus-2023\/\" aria-label=\"M\u00e1is en Unha decena de expertos de catro pa\u00edses abordaron hoxe a situaci\u00f3n do transporte de viaxeiros por estrada nas xornadas de ExpoBus 2023\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4159,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33],"tags":[],"class_list":["post-4161","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-expobus-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4161","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4161"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4161\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4162,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4161\/revisions\/4162"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4159"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4161"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4161"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4161"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}