{"id":3907,"date":"2023-11-15T12:01:30","date_gmt":"2023-11-15T12:01:30","guid":{"rendered":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/expobus-iberia-2023-arranca-manana-con-130-firmas-expositoras-de-18-paises-mayor-caracter-internacional-y-un-programa-de-gran-nivel\/"},"modified":"2023-11-15T12:02:51","modified_gmt":"2023-11-15T12:02:51","slug":"expobus-iberia-2023-arranca-manana-con-130-firmas-expositoras-de-18-paises-mayor-caracter-internacional-y-un-programa-de-gran-nivel","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/expobus-iberia-2023-arranca-manana-con-130-firmas-expositoras-de-18-paises-mayor-caracter-internacional-y-un-programa-de-gran-nivel\/","title":{"rendered":"ExpoBus Iberia 2023 arranca ma\u00f1\u00e1 con 130 firmas expositoras de 18 pa\u00edses, maior car\u00e1cter internacional e un programa de gran nivel"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>OS EXPOSITORES DIRECTOS DESTE CERTAME, OS CALES SUMAN 63, PROCEDEN DO DOBRE DE PA\u00cdSES QUE NA PASADA EDICI\u00d3N, SENDO OS ESTRANXEIROS UN 133% M\u00c1IS QUE ENT\u00d3N, MENTRES QUE AS S\u00daAS XORNADAS CONTAR\u00c1N CON DIVERSOS EXPERTOS INTERNACIONAIS<\/strong><\/li>\n<li><strong>MESAS REDONDAS, O CONCURSO \u201cMELLOR CONDUTOR\/A DE AUTOCARES DE ESPA\u00d1A\u201d, UNHA EXPOSICI\u00d3N DE CL\u00c1SICOS OU UN CIRCU\u00cdTO DE PROBAS SER\u00c1N ALGUNHAS DAS S\u00daAS ACTIVIDADES<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong><em>Silleda, 15 de novembro de 2023.- <\/em><\/strong>A III Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2023, a cal se celebra dende ma\u00f1\u00e1 xoves ata o s\u00e1bado na Feira Internacional de Galicia ABANCA, arrinca con 130 firmas expositoras de 18 pa\u00edses, das cales 63 son expositores directos de seis pa\u00edses que ocupan unha superficie de 6.703 metros cadrados netos e 26.600 brutos.<\/p>\n<p>Nesta edici\u00f3n o certame aumenta o seu car\u00e1cter internacional. As\u00ed, os seus expositores directos proceden de Espa\u00f1a, Portugal, Polonia, Pa\u00edses Baixos, Irlanda e Australia, o dobre de pa\u00edses que na s\u00faa pasada edici\u00f3n, sendo os estranxeiros un 133% m\u00e1is que ent\u00f3n. Ademais, as s\u00faas xornadas t\u00e9cnicas contar\u00e1n con diversos expertos internacionais que achegar\u00e1n a s\u00faa experiencia no sector noutros mercados.<\/p>\n<p>ExpoBus Iberia 2023, que dende a s\u00faa pasada convocatoria \u00e9 a segunda maior feira do sector a nivel nacional, conta na s\u00faa exposici\u00f3n con moitas das principais empresas fabricantes e carroceiras do sector do autob\u00fas, ademais de numerosas compa\u00f1\u00edas relacionadas coa industria auxiliar.<\/p>\n<p>Todas estas entidades conformar\u00e1n un completo escaparate no que se poder\u00e1n ver as \u00faltimas tendencias e novidades no transporte de viaxeiros por estrada, tanto en veh\u00edculos como en equipamento, sistemas, servizos e soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas orientadas a ofrecer soluci\u00f3ns de mobilidade para mellorar a vida dos cidad\u00e1ns. Eficiencia, sustentabilidade, seguridade, accesibilidade ou dixitalizaci\u00f3n ser\u00e1n alg\u00fans dos aspectos que destacar\u00e1n na exposici\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Un programa de primeiro nivel<\/strong><\/p>\n<p>ExpoBus Iberia 2023, que conta coa colaboraci\u00f3n da Asociaci\u00f3n Nacional de Fabricantes de Carrocer\u00edas de Autobuses (ASCABUS), ofrecer\u00e1 un atractivo programa de actividades, destacando as propostas t\u00e9cnicas pero contando ademais con algunhas m\u00e1is l\u00fadicas.<\/p>\n<p>En canto \u00e1s s\u00faas xornadas t\u00e9cnicas, abriranse co director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro, e cos presidentes das tres principais asociaci\u00f3ns nacionais de transporte de viaxeiros, como son a Asociaci\u00f3n Nacional de Empresarios de Transporte en Autocares (ANETRA); a Confederaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Transporte en Autob\u00fas (CONFEBUS), e a Asociaci\u00f3n de Empresas de Autocares (DIREBUS). Os tres presidentes achegar\u00e1n o seu punto de vista sobre a situaci\u00f3n do sector en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>Ese mesmo d\u00eda expertos de Marrocos, Pa\u00edses Baixos, Portugal e Espa\u00f1a falar\u00e1n sobre transporte discrecional de viaxeiros nos seus pa\u00edses, noutra mesa patrocinada por ANETRA, entidade que tam\u00e9n levar\u00e1 a cabo unha conferencia motivacional que axudar\u00e1 \u00e1s empresas para dirixir, motivar e comprometer aos seus equipos.<\/p>\n<p>O segundo d\u00eda as xornadas centraranse en soluci\u00f3ns sostibles para frotas de longo percorrido, o novo tac\u00f3grafo intelixente e tam\u00e9n a reestruturaci\u00f3n de d\u00e9bedas e beneficios da nova lei concursal, coa participaci\u00f3n de media ducia de profesionais do sector. Xa o \u00faltimo d\u00eda haber\u00e1 unha mesa de debate tanto presencial como telem\u00e1tica sobre a mobilidade urbana como un negocio, centr\u00e1ndose nos grandes operadores globais que operan con distintos sistemas como bicis, patinetes, lox\u00edstica ou mesmo <em>sharing<\/em> (mobilidade compartida), ademais de abordarse noutra conferencia a situaci\u00f3n da profesi\u00f3n do condutor de autocar en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>Outra proposta ser\u00e1 o concurso \u201cMellor Condutor\/a de Autocares de Espa\u00f1a 2023\u201d, o cal conta con Man Truck &amp; Bus como patrocinador principal e con Irizar, o Sindicato Libre de Transporte (SLT), Lextransport e Universidade de Valladolid como patrocinadores da entrega de premios. Participar\u00e1n preto de medio centenar de condutores e condutoras de nove comunidades aut\u00f3nomas, os cales ser\u00e1n avaliados en distintos aspectos te\u00f3ricos e pr\u00e1cticos, como a suavidade na conduci\u00f3n, a anticipaci\u00f3n, a habilidade ou os h\u00e1bitos.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n dentro do programa m\u00e1is profesional da feira incluirase un circu\u00edto de probas no que varias empresas po\u00f1er\u00e1n ao dispor dos seus potenciais clientes a posibilidade de conducir alg\u00fan dos seus modelos tanto polo espazo exterior do recinto como por estrada. Ademais, numerosos expositores far\u00e1n presentaci\u00f3ns de produtos e servizos e levaranse a cabo asembleas de asociados e empresarios do sector por parte de entidades deste \u00e1mbito.<\/p>\n<p>En canto \u00e1s actividades m\u00e1is l\u00fadicas, destacar\u00e1 unha exposici\u00f3n de cl\u00e1sicos na que se poder\u00e1n ver desde un dos primeiros autobuses do mercado, un Ford T de 1908, ou un autob\u00fas de 1935 que \u00e9 o \u00fanico do seu modelo que se conserva, ata pioneiros como un veh\u00edculo que se presentou no sal\u00f3n de Xenebra de 1955 como o primeiro autob\u00fas compacto ou veh\u00edculos de luxo dende a d\u00e9cada dos corenta con orixinais extras da \u00e9poca. Estas aut\u00e9nticas xoias sobre rodas pertencen a seis empresas: Empresa Cui\u00f1a e Transportes Mosquera (grupo Autocares R\u00edas Baixas), Autocares L\u00e1zara, Autocares Meijide, Empresa L\u00e1zara e Autocares de Santiago.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>OS EXPOSITORES DIRECTOS DESTE CERTAME, OS CALES SUMAN 63, PROCEDEN DO DOBRE DE PA\u00cdSES QUE NA PASADA EDICI\u00d3N, SENDO OS ESTRANXEIROS UN 133% M\u00c1IS QUE ENT\u00d3N, MENTRES QUE AS S\u00daAS XORNADAS CONTAR\u00c1N CON DIVERSOS EXPERTOS INTERNACIONAIS MESAS REDONDAS, O CONCURSO \u201cMELLOR CONDUTOR\/A DE AUTOCARES DE ESPA\u00d1A\u201d, UNHA EXPOSICI\u00d3N DE CL\u00c1SICOS OU UN CIRCU\u00cdTO DE PROBAS &#8230; <a title=\"ExpoBus Iberia 2023 arranca ma\u00f1\u00e1 con 130 firmas expositoras de 18 pa\u00edses, maior car\u00e1cter internacional e un programa de gran nivel\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/expobus-iberia-2023-arranca-manana-con-130-firmas-expositoras-de-18-paises-mayor-caracter-internacional-y-un-programa-de-gran-nivel\/\" aria-label=\"M\u00e1is en ExpoBus Iberia 2023 arranca ma\u00f1\u00e1 con 130 firmas expositoras de 18 pa\u00edses, maior car\u00e1cter internacional e un programa de gran nivel\">Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3009,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[33],"tags":[],"class_list":["post-3907","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-expobus-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3907","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3907"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3907\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3908,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3907\/revisions\/3908"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3009"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3907"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3907"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.expobusiberia.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3907"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}