Os sistemas avanzados de seguridade en autobuses e o transporte de viaxeiros en Portugal e Francia, entre os temas abordados hoxe en ExpoBus Iberia

  • TAMÉN NO MARCO DA FEIRA O DIRECTOR XERAL DE MOBILIDADE, IGNACIO MAESTRO, PRESENTOU O PLAN DE TRANSPORTE QUE A XUNTA DE GALICIA CULMINARÁ EN 2020

Silleda, 22 de novembro de 2019.-  A Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada,  ExpoBus Iberia, a cal se celebra ata mañá no recinto  Feira Internacional de Galicia ABANCA, acolleu esta mañá unha xornada técnica centrada no longo percorrido.

A renovación do transporte público impulsada pola Xunta blindará o futuro do sector en Galicia ao garantir un negocio de 120 millóns de euros ao ano e máis de 3.000 postos de traballo

  • A Xunta achegará 73 millóns de euros ao ano para garantir o funcionamento de 3.123 liñas de autobús durante a vindeira década

  • O traballo de campo e a participación pública serviu para deseñar un novo mapa de transporte público que multiplica a cobertura dos servizos e sitúa o 97% da poboación a menos de 1 quilómetro dunha parada de autobús

  • Estenderanse a toda Galicia as vantaxes do Transporte Metropolitano e da Tarxeta Xente nova coa que os menores de 21 anos viaxarán gratis no autobús interurbano

Silleda, 22 de novembro de 2019.-  A renovación do Plan de transporte público que está a impulsar a Xunta permitirá blindar o futuro do sector en Galicia ao asegurar un volume de negocio de case 120 millóns de euros ao ano e máis de 3.000 postos de traballo directos. Así o expuxo o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, esta mañá, durante a presentación na feira Expobus do Plan de transporte público de Galicia, que a Xunta culminará en 2020.

Expobús Iberia reunirá no recinto feiral Semana Verde a 152 firmas expositoras do sector do transporte

  • A segunda edición do evento contará cun 50% máis de firmas que o ano pasado, o que supuxo que o espazo tamén medrase nun 37% cunha superficie duns 8.000 metros cadrados

Silleda, 21 de novembro de 2019.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe a segunda edición da Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, Expobus Iberia, que reunirá desde hoxe ata o sábado na Feira Internacional de Galicia a 152 firmas expositoras, un 50% máis que o ano pasado. Debido ao aumento dos expositores, habilitarase un pavillón máis que en 2018, de modo que o evento ocupará unha superficie duns 8.000 metros cadrados para albergar a todos os participantes.

Os candidatos a Mellor Condutor de Autocares de España 2019 comezan a realizar as probas na feira ExpoBus Iberia

  • HOXE LÉVANSE A CABO DÚAS QUENDAS PARA EVALUAR AOS PARTICIPANTES, MENTRES QUE MAÑÁ HABERÁ UNHA TERCEIRA E ENTREGARANSE OS PREMIOS

  • COMPITEN CERCA DE 30 CONDUTORES E CONDUCTORAS DE GALICIA, ASTURIAS, CASTILLA E LEÓN, MADRID E BARCELONA

Silleda, 22 de novembro de 2019.-  A Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada  ExpoBus Iberia, a cal ten lugar ata mañá no recinto  Feira Internacional de Galicia ABANCA, elixe estes días ao “Mellor Condutor de Autocares de España 2019”.

Reducir a presenza de coches, potenciar alternativas sustentables e intermodalidade, claves para o futuro da mobilidade urbana

  • FORON ALGÚNS DOS ASPECTOS DESTACADOS NA XORNADA TÉCNICA CELEBRADA ESTA MAÑÁ NO CERTAME EXPOBUS IBERIA, O CAL TEN LUGAR ATA O SÁBADO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

  • TAMÉN SE ABORDARONS OS AUTOBUSES DE HIDRÓXENO COMO ALTERNATIVA VIABLE, SUBLIÑÁNDOSE A SÚA AUTONOMÍA E RÁPIDA RECARGA

Silleda, 21 de novembro de 2019.- A Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada,  ExpoBus Iberia, a cal se celebra dende hoxe ata o sábado no recinto  Feira Internacional de Galicia ABANCA, celebrou esta mañá unha interesante xornada centrada no futuro do transporte urbano.