A feira ExpoBus Iberia 2019 arranca mañá cun extraordinario crecemento e 152 firmas expositoras, un 50% máis

  • OS EXPOSITORES DIRECTOS DESTE CERTAME CENTRADO NO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA INCREMÉNTANSE NUN 39%, MENTRES QUE A SUPERFICIE NETA AUMENTA NUN 36,5%
  • XORNADAS TÉCNICAS, O CONCURSO “MELLOR CONDUTOR DE AUTOCARES DE ESPAÑA”, UNHA EXPOSICIÓN DE CLÁSICOS OU UN CIRCUÍTO DE PROBAS SERÁN ALGUNHAS DAS PROPOSTAS DO SEU AMPLIADO PROGRAMA

Silleda, 20 de novembro de 2019.- A II Feira do Transporte de Viaxeiros por estrada, ExpoBus Iberia 2019, a cal se celebra desde mañá ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA, medra considerablemente con respecto á súa primeira convocatoria. Así, ademais de ampliar nun día a súa duración, o certame conta con 152 firmas expositoras, un 50% máis que na pasada cita, cando foran 101. Delas, 64 son expositores directos presentes con stand, un 39% máis, xa que en 2018 foran 46.

Un circuito de pruebas y reuniones sectoriales se suman al programa más técnico de ExpoBus Iberia 2019s

 

  • ESTA FEIRA CENTRADA NO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA CELEBRARASE DO 21 AO 23 DE NOVEMBRO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA
  • OS VISITANTES E EXPOSITORES DESTE EVENTO PODERÁN BENEFICIARSE DUN DESCONTO PARA ACUDIR AO MUSEO DO CAMPO E A MECANIZACIÓN, SITUADO NO MESMO RECINTO FEIRAL

Silleda, 19 de novembro de 2019.- A Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, a cal se celebrará do 21 ao 23 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, contará cun interesante programa no que destacarán as actividades orientadas a profesionais de sector. Con todo, tamén incluirá algunhas pensadas ademais para outros interesados neste ámbito, como a súa exposición de vehículos clásicos ou paseos en autocar histórico.

Os visitantes de ExpoBus Iberia poderán viaxar ao pasado cunha atractiva exposición de clásicos e un paseo en autocar histórico

  • REALIZARNSE DÚAS PEQUENAS VIAXES NUN VEHÍCULO DO ANO 1953 QUE CONTA CON TODO TIPO DE EXTRAS DA ÉPOCA, MENTRAS QUE A MOSTRA ALBERGARÁ AUTÉNTICAS XOIAS ENTRE AS QUE HAI UN MODELO DE AUTOBÚS ÚNICO NO MUNDO

Silleda, 16 de novembro de 2019.- A II Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, a cal se celebrará do 21 ao 23 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, permitirá aos seus visitantes viaxar ao pasado. Farano tanto a través dun paseo nun autocar histórico como cunha interesante exposición de clásicos.

A escaseza de condutores profesionais no transporte de viaxeiros pechará as xornadas técnicas de ExpoBus Iberia 2019

  • ESTE TEMA COMPLETARÁ UN PROGRAMA DE CONFERENCIAS QUE CONTA CON MAIOR CONTIDO QUE NA PASADA EDICIÓN E SERÁ DE ACCESO LIBRE PARA OS VISITANTES DA FEIRA
  • O CERTAME, CENTRADO NO TRANSPORTE DE VIAXEROS POR ESTRADA, CELEBRARASE DO 21 AO 23 DE NOVEMBRO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

Silleda, 18 de novembro de 2019.- A Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, a cal se celebrará do 21 ao 23 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, pechará o seu programa de xornadas técnicas cun tema de gran actualidade.

O Plan de Transportes de Galicia centrará o interese dos profesionais o segundo día de ExpoBus Iberia 2019

  • SERÁ NUNHA XORNADA TÉCNICA NA QUE TAMÉN SE TRATARÁN OUTROS TEMAS RELEVANTES, COMO A SITUACIÓN DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS EN PORTUGAL E FRANCIA E OS SISTEMAS AVANZADOS DE SEGURIDADE EN AUTOBUSES E AUTOCARES

  • ESTE CERTAME CENTRADO NO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA CELEBRARASE DO 21 AO 23 DE NOVEMBRO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

Silleda, 15 de novembro de 2019.-  A Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada,  ExpoBus Iberia, a cal se celebrará do 21 ao 23 de novembro no recinto  Feira Internacional de Galicia ABANCA, acollerá o seu segundo día unha xornada técnica centrada en distintos aspectos do transporte de longo percorrido.