Viaxe ao pasado coa exposición de vehículos clásicos e os paseos en autocar histórico de ExpoBus Iberia 2019

  • A MOSTRA PÓDESE VISITAR ATA MAÑÁ NO PAVILLÓN 2 DA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, DONDE SE CELEBRA ESTE CERTAME CENTRADO NO TRANSPORTE DE VIAXEROS POR ESTRADA

Silleda, 22 de novembro de 2019.-  A II Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada,  ExpoBus Iberia, a cal se celebra dende onte ata mañá na  Feira Internacional de Galicia ABANCA, convida estes días aos seus visitantes a viaxar ao pasado a través dunha interesante exposición de autobuses clásicos.

Nesta mostra atópanse orixinais autobuses desde a década dos 30. Algúns contan con extras da época, como floreiros de cristal ou porcelana pintada a man na parte central do parabrisas, ou os chamados cristais alpinos, situados no teito para permitir unha visión panorámica aos pasaxeiros. Tamén hai un modelo que é o único que se conserva actualmente a nivel mundial, da desaparecida marca Hispano Suíza, o cal diferenciaba tres clases. A terceira contaba con 20 prazas no teito e estaba ocupada por pasaxeiros que eran os que tiñan que baixarse a empuxar o autobús no caso de que este non puidese subir unha costa.

Ademais de por as súas características e equipamento, algúns tamén destacan polos viaxeiros que o ocuparon, como uno fabricado en 1951 que foi o autobús oficial do club de fútbol Atlético Aviación ou outro que transportou ao Ballet Ruso durante unha xira española nos anos 70.

Estes vehículos poden circular e en moitos casos alúganse para acontecementos e celebracións, participando algúns en películas de recoñecidos directores do cinema español, como José Luis Corda ou Fernando Trueba.

Pertencen a sete empresas que dedicaron moito tempo, esforzo e enxeño para restaurar estes autocares, converténdoos en auténticas xoias. Son de Empresa Cuiña e Autocares Mosquera (grupo Autocares Rías Baixas), Autocares Lázara, Autocares Meijide, Empresa Lázara, Autocares Benito García e a desaparecida Empresa Garrido.

Esta exposición pode verse no pavillón 2 da feira ata mañá ás 17.00 horas, cando o certame pecha as súas portas.

Paseo en autocar histórico

Por outra banda, os visitantes que o desexen poden gozar hoxe e mañá dun paseo por Silleda en autocar histórico pertencente á colección da Empresa Cuiña (grupo Autocares Rías Baixas). Trátase dun modelo do ano 1953 que dispón de gran cantidade de detalles que o converten nun autocar de luxo da época.