O certame ExpoBus Iberia celebrará a súa terceira edición do 16 ao 18 de novembro de 2023      

  • DECIDIUNO HOXE O SEU COMITÉ ORGANIZADOR NUN ENCONTRO TELEMÁTICO NO QUE O SECTOR DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA REITEROU O SEU APOIO AO CERTAME

  • A EVOLUCIÓN DESTA FEIRA PREVIA Á PANDEMIA FOI MOI POSITIVA, REXISTRANDO NA SÚA ÚLTIMA CITA UN 50% MÁIS DE FIRMAS, UN 39% MÁIS DE EXPOSITORES E UNHA SUPERFICIE UN 36,5% MAIOR

Silleda, 17 de xaneiro de 2022.- A terceira edición da Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, celebrarase do 16 ao 18 de novembro de 2023 no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra).

Así o decidiu esta mañá nun encontro telemático o seu Comité Organizador, o cal está conformado por representantes de empresas líderes no sector, tanto fabricantes como de transporte de viaxeiros, ademais de destacadas asociacións.

O Comité de ExpoBus Iberia mostra o seu total apoio á feira e reunirase a mediados de ano para decidir as datas da súa vindeira edición

  • CELEBROU ESTA MAÑÁ UN ENCONTRO POR VIDEOCONFERENCIA AO QUE ASISTIRON PRETO DUNHA VINTENA DE REPRESENTANTES DO SECTOR DO TRANSPORTE DE VIAXEROS POR ESTRADA E ESTIVO PRESIDIDO POLO DIRECTOR XERAL DE MOBILIDADE DA XUNTA DE GALICIA

  • A FEIRA CONTA CUNHA MAGNÍFICA EVOLUCIÓN, REXISTRANDO NA SÚA ÚLTIMA CITA UN 50% MÁIS DE FIRMAS, UN 39% MÁIS DE EXPOSITORES E UNHA SUPERFICIE UN 36,5% MAIO

Silleda, 18 de febreiro de 2021.- O Comité Organizador da Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, reuniuse esta mañá por videoconferencia para abordar a próxima edición do certame.

O encontro, que estivo presidido polo director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro, contou coa asistencia de preto dunha vintena de representantes tanto de empresas de gran relevancia no sector como das principais asociacións, como son a Asociación Nacional de Empresarios de Transportes en Autocares (ANETRA), Asociación Nacional de Fabricantes de Carrocerías de Autobuses (ASCABUS), Federación Galega de Servizos de Transporte en Autobús (FEGABÚS), Federación Galega de Asociacións de Viaxeiros en Autocar (TRANSGACAR) e a Confederación Española de Transporte en Autobús (CONFEBUS).

O boirense Daniel Alonso García alzouse hoxe en ExpoBus Iberia co título de Mellor Condutor de Autocares de España 2019

  • O VENCEDOR DESENVOLVE A SÚA ACTIVIDADE NA EMPRESA AUTOS COMPARADO, DE NOIA (A CORUÑA)

  • O COMPOSTELANO ROBERTO CARLOS CANCELA RODRÍGUEZ ACADOU O SEGUNDO POSTO, MENTRES QUE O TERCEIRO FOI PARA O ZAMORANO RUBÉN ÁLVAREZ CASTRO

  • COMPETIRON TRINTA CONDUTORES E CONDUCTORAS DAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS, ASTURIAS, CASTELA E LEÓN, MADRID, BARCELONA E ANDALUCÍA

Silleda, 23 de novembro de 2019.-  O boirense Daniel Alonso García, da empresa Autos Comparado (Noia) alzouse hoxe no marco da feira  ExpoBus Iberia co premio Mellor Condutor de Autocar de España 2019, cunha puntuación de 966 puntos.

ExpoBus Iberia aumenta a súa afluencia nun 48% e acada os 1.882 visitantes nunha edición cun gran crecemento a todos os niveis

  • ESTES ASISTENTES, QUE DESTACARON POLO SEU ALTO PERFIL PROFESIONAL, ERAN NA SÚA INMENSA MAIORÍA DE ESPAÑA E PORTUGAL, AÍNDA QUE TAMÉN SE REXISTRARON ALGÚNS PROCEDENTES DOUTROS SETE PAÍSES

  • OS EXPOSITORES MOSTARON A SÚA SARISFACCIÓN DE FORMA XERALIZADA

  • A FEIRA, QUE SE CONSOLIDA COMO A SEGUNDA DO SECTOR A NIVEL NACIONAL, CONTOU CUN 50% MÁIS DE FIRMAS EXPOSITORAS E CUNHA SUPERFICIE UN 36,5% MAIOR

Silleda, 23 de novembro de 2019.-  A Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada,  ExpoBus Iberia 2019, pechou hoxe as portas da súa segunda edición sumando ao seu importante incremento expositivo un notable aumento na cifra de asistencia. Así, acudiron ao recinto  Feira Internacional de Galicia ABANCA 1.882 visitantes, o que supón un 48% máis que na pasada cita, cando acudiran 1.266 persoas. Unha cifra moi notable tendo en conta a especificidade do sector e debida tanto á boa acollida do certame como á ampliación da súa duración nun día, motivada polo éxito da pasada convocatoria.

A escaseza de condutores profesionais no transporte de viaxeiros pechou hoxe as xornadas técnicas de ExpoBus Iberia 2019

  • ESTE TEMA COMPLETOU UN PROGRAMA DE CONFERENCIAS QUE CONTOU CON MAIOR CONTIDO QUE NA PASADA EDICIÓN E SE CELEBROU NUN SET INTEGRADO NA PROPIA EXPOSICIÓN PARA CREAR UN ESPAZO DE DIÁLOGO ABERTO

Silleda, 23 de novembro de 2019.-  A Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada,  ExpoBus Iberia, a cal pecha hoxe as súas portas na  Feira Internacional de Galicia ABANCA, acolleu esta mañá a última das súas xornadas técnicas.