ExpoBus Iberia pecha a súa primeira edición como segunda feira do sector en España, con excelentes perspectivas e a visita de 1.266 profesionais

  • O CERTAME CONTOU CON 101 FIRMAS EXPOSITORES DE 13 PAÍSES, DAS CALES 46 FORON EXPOSITORES DIRECTOS E 55 INDIRECTOS
  • O 76% DOS EXPOSITORES ERAN DE FÓRA DE GALICIA, O QUE PON DE MANIFESTO O CARÁCTER PENINSULAR DESTE EVENTO
  • A FEIRA RECIBIU UN IMPORTANTE APOIO DO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA, QUEN INAUGUROU ESTA CITA, VISITOU A TODOS OS EXPOSITORES E PARTICIPOU NO ANIVERSARIO DUNHA DAS EMPRESAS GALEGAS PRESENTES

Silleda, 10 de novembro de 2018.- A Feira de Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2018, pechou hoxe as portas da súa primeira edición na Feira Internacional de Galicia ABANCA. E fíxoo converténdose xa na segunda feira do sector a nivel nacional en canto a número de expositores e importancia de marcas presentes.

O galego Rafael Estévez Muíños alzouse co premio Mellor Condutor de Autocar de España, celebrado en ExpoBus Iberia

  • O VENCEDOR DESENVOLVE A SÚA ACTIVIDADE NA EMPRESA RAÚL S.A, DE SALVATERRA DE MIÑO (PONTEVEDRA), Á CAL SE ENTREGOU O GALARDÓN “EMPRESA NA QUE TRABALLA O CONDUTOR PREMIADO”
  • JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ JUÁREZ, DE AUTOCARES MEIJIDE (LALÍN, PONTEVEDRA) ACADOU O SEGUNDO POSTO, MENTRES QUE O TERCEIRO FOI PARA MIGUEL MOLINA DELGADO, DE BIDASOA BUS (VITORIA)
  • COMPETIRON TRINTA CONDUTORES E CONDUCTORAS DE DISTINTAS COMUNIDADES, ENTRE ELAS GALICIA, PAÍS VASCO, CANTABRIA, CATALUÑA, CASTELA-LEÓN, CASTELA-A MANCHA E ANDALUCÍA

Silleda, 10 de novembro de 2018.- O galego Rafael Estévez Muíños, de Empresa Raúl S.A (de Salvaterra de Miño, Pontevedra), alzouse hoxe no marco da feira ExpoBus Iberia co premio Mellor Condutor de Autocar de España 2019, cunha puntuación de 619 puntos.

A situación do transporte de viaxeiros en Galicia será abordada na feira ExpoBus Iberia

  • ACOLLERÁ UNHA XORNADA NA QUE PARTICIPARÁN AS ASOCIACIÓNS REPRESENTATIVAS DESTE ÁMBITO EN GALICIA E QUE SERÁ INAUGURADA POR UN REPRESENTANTE DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
  • TERÁ LUGAR O 9 DE NOVEMBRO, PRIMEIRO DÍA DESTE CERTAME QUE SE CELEBRARÁ NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

Silleda, 6 de novembro de 2018.- A primeira edición do certame ExpoBus Iberia, a cal se celebrará os días 9 e 10 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, abordará a situación do transporte de viaxeiros na comunidade galega.

Feijóo avanza a aprobación este mes das liñas xerais do Plan de transporte público de Galicia para deseñar a Rede de autobús da vindeira década máis útil, máis eficiente e máis sustentable

  • EXPRESA A IMPORTANCIA DE QUE ESTE PLAN SE CONVERTA NUNHA OPORTUNIDADE PARA A MODERNIZACIÓN DUNHA FLOTA DE MÁIS DE 3000 AUTOBUSES

Silleda, 9 de novembro de 2018.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que este mesmo mes de novembro, o Consello da Xunta aprobará as liñas xerais do Plan de transporte público de Galicia, que deseñará a rede de autobús da vindeira década sobre a base dun exhaustivo traballo de campo e dunha análise da realidade actual territorial da Comunidade, de cara a configurar un transporte público máis útil, máis eficiente e máis sustentable.

Os cambios tecnolóxicos e sociais na mobilidade, a análise na feira ExpoBus Iberia

  • SERÁ NUNHA XORNADA QUE TERÁ LUGAR O SEGUNDO DIA DO CERTAME, O CAL SE CELEBRARÁ OS DÍAS 9 E 10 DE NOVEMBRO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA
  • O DIRECTOR XERAL DE MOBILIDADE DA XUNTA DE GALICIA, IGNACIO MAESTRO, SERÁ O ENCARGADO DE CLAUSURAR ESTE ENCONTRO

Silleda, 5 de novembro de 2018.- A feira de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia, a cal terá lugar o 9 e 10 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda), acollerá un interesante programa de actividades orientado tanto aos visitantes como aos propios expositores do evento.

Ethel Vázquez salienta que o plan de transporte público de galicia permitirá adaptar ao século xxi os servizos de transporte público en autobús

  • A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE INAUGUROU HOXE EN SILLEDA AS XORNADAS TÉCNICAS ‘A SITUACIÓN DO TRANSPORTE EN GALICIA’ AO ABEIRO DA FEIRA EXPOBUS IBERIA

Silleda, 9 de novembro de 2018.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, inaugurou esta tarde as xornadas técnicas ‘A situación do transporte en Galicia’, ao abeiro da feira ExpoBus Iberia,onde salientou que o Plan de transporte público de Galicia permitirá adaptar ao século XXI os servizos de transporte público en autobús.

A feira ExpoBus Iberia 2018 busca ao mellor condutor de autocar de España

Silleda, 29 de outubro de 2018.- A feira de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia, a cal terá lugar o 9 e 10 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda), celebrará no seu marco o concurso “Mellor Condutor de Autocar de España 2019”.

Comezan as probas para o premio ao Mellor Condutor de Autocar de España, que se celebra en ExpoBus Iberia 2018

  • HOXE LÉVANSE A CABO DÚAS TANDAS PARA AVALIAR AOS PARTICIPANTES, REALIZÁNDOSE UNHA TERCEIRA MAÑÁ, CANDO TAMÉN SE ENTRAGARÁN OS GALARDÓNS
  • COMPITEN TRINTA CONDUTORES E CONDUCTORAS DE DISTINTAS COMUNIDADES, ENTRE ELAS GALICIA, PAÍS VASCO, CANTABRIA, CATALUÑA, CASTELA-LEÓN, CASTELA-A MANCHA E ANDALUCÍA

Silleda, 9 de novembro de 2018.- A feira de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia, a cal se celebra hoxe e mañá na Feira Internacional de Galicia ABANCA, comezou a realizar as probas para o premio ao Mellor Condutor de Autocar de España 2019.

ExpoBus Iberia avanza cara a súa primeira edición sumando expositores e definindo o seu programa

Silleda, 1 de octubre de 2018.- O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA acolleu esta mañá a terceira reunión do comité organizador da súa nova Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia, a cal se celebrará os días 9 e 10 de novembro.

No marco deste encontro abordouse a situación da comercialización do certame, sobre a cal se destacou a boa acollida que tivo o evento no sector e a súa boa marcha grazas á confianza que moitas empresas están a depositar nel a través da súa presenza nesta primeira edición. Unha participación coa que xa se superaron os obxectivos de expositores e metros cadrados marcados en anteriores reunións do comité.

ExpoBus Iberia estréase con 100 firmas expositoras, as empresas máis destacadas do sector e un interesante programa

  • A PARTICIPACIÓN EN CANTO A CIFRAS E MARCAS FAI QUE A FEIRA SE SITÚE XA NESTA PRIMEIRA EDICIÓN COMO UN DOS EVENTOS RELEVANTES DESTE ÁMBITO A NIVEL NACIONAL
  • XORNADAS TÉCNICAS, O PREMIO AO MELLOR CONDUTOR DE AUTOCAR DE ESPAÑA E UNHA EXPOSICIÓN DE AUTOBUSES CLÁSICOS SERÁN AS PROPOSTAS QUE SE UNAN Á SUA AREA EXPOSITIVA

Silleda, 8 de novembro de 2018.- A feira de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia 2018, a cal se celebra mañá venres e o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA, contará nesta primeira edición con 101 firmas expositoras de 13 países.

A feira de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia 2018 celebrarase
os días 9 e 10 de novembro

Silleda, 25 de junio de 2018.- O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA acolleu esta mañá a segunda reunión do comité organizador do seu novo certame centrado no transporte de viaxeiros por estrada, ExpoBus Iberia.

No encontro de hoxe decidiuse o propio nome da feira, ao tempo que se presentou a imaxe corporativa aos asistentes para a súa aprobación. Así mesmo, no seu marco acordouse o cambio de datas de ExpoBus Iberia 2018 por motivos organizativos, pasando do 26 e 27 de outubro aos días 9 e 10 de novembro do presente ano.

ExpoBus Iberia acollerá unha exposición de autobuses clásicos dende a década dos 30 e con curiosos detalles de época

  • CONTARÁ CON CERCA DUNHA VINTENA DE VEHÍCULOS QUE SE MOSTRARÁN DURANTE OS DOUS DÍAS DE CELEBRACIÓN DA FEIRA, O 9 E 10 DE NOVEMBRO
  • PODERÁ VERSE DENDE ALGÚN QUE LEVABA CONXUNTAMENTE GANDO E PERSOAS ATA UN MODELO ÚNICO QUE DIFERENCIABA TRES CLASES DE VIAXEIROS

Silleda, 7 de novembro de 2018.- A feira de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia, a cal se celebrará os días 9 e 10 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, contará cunha atractiva exposición de autocares clásicos.