Que é ExpoBus Iberia

É unha nova cita feiral deseñada para ser espazo de converxencia de todos os axentes vinculados co ámbito do transporte de viaxeiros por estrada.

Un foro no que se mostrarán as novas tendencias do sector, abordaranse temas de máxima actualidade e intercambiaranse coñecementos.

Todo iso cunha notable, e imprescindible, implicación de empresas, colectivos profesionais e institucións.

E coa vantaxe de dar continuidade ao certame Nortrans, celebrado ata datas recentes en Expourense, entidade que cede a testemuña á Feira Internacional de Galicia ABANCA, que o recolle co obxectivo de impulsar e converter a esta cita nun referente a nivel peninsular.

vista aerea maps